maio, 2021

01mai17:30Evento rematadoVerdeContacontos para bebés. Charo Pita

Detalles do Evento

Información sobre as entradas:
Para esta actividade a entrada é DOBRE e vale para un bebé acompañado por unha persoa adulta

Verdes son os montes, os bosques, os outeiros, as pradarías… Fóra da cidade gris todo verdea. E nese mundo enorme e verdescente que nos arrodea habitan seres que crecen enraizados á terra, que corren pola herba, que se pousan no alto entre as follas. Animais e prantas, cadaquén con cadansúa historia, e cunha morea de cantaruxadas.

A fantástica Charo Pita volve ao Salón coas súas historias, desta volta para deleitar ás crianzas máis miúdas.

De 0 a 3 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Para este obradoiro a entrada é DOBRE e vale para un bebé acompañado por unha persoa adulta responsable.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Verde Contacontos con Charo Pita

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X