Viaxe á Bretaña a través da música, do canto e do baile
Detalles do Evento
A música bretoa é alegre, rítmica e perfecta para bailar en grupo! Neste obradoiro, os nenos e nenas mergullaranse nunha experiencia chea de movemento, cancións
Detalles do Evento
A música bretoa é alegre, rítmica e perfecta para bailar en grupo! Neste obradoiro, os nenos e nenas mergullaranse nunha experiencia chea de movemento, cancións e diversión. A través do xogo e da participación activa, aprenderemos melodías tradicionais, exploraremos os seus ritmos e bailaremos como se fixo durante xeracións en Bretaña.
Non fai falta saber cantar nin bailar, só ter ganas de probar algo novo, moverse en grupo e gozar da música dunha maneira diferente. Unha oportunidade perfecta para descubrir unha nova cultura a través da voz, o corpo e o ritmo!
A partir de 6 anos
Cada neno/a deberá ir acompañada dunha persoa adulta. Só debe inscribirse o/a neno/a
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolve o taller. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!
Máis
Hora
5 abril, 2025 17:15(GMT+02:00)