marzo, 2020
Detalles do Evento
Teatro para rir e tamén para pensar. Vida de cans de Cándido Pazó é a proposta que leva TALIA TEATRO ao Salón. Tres actores,
Máis
Detalles do Evento
Teatro para rir e tamén para pensar. Vida de cans de Cándido Pazó é a proposta que leva TALIA TEATRO ao Salón. Tres actores, tres cans ou u tres actores que fan de can están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo… pero recinto. Están ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados… pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia… que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda, paródica, metafórica.
“Vida de cans” é para rapazas e rapaces a partir dos 12-13 anos (adolescentes) e a un público adulto.
O pano levantarase no Teatro Principal e o prezo da entrada é 3€.

Hora
(Xoves) 21:00 - 22:15
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6