abril, 2021

24abr12:30Evento rematadoVideoclip: ao rescate do planeta!Obradoiro audiovisual. Leucoiña Pasea.

Detalles do Evento

A famosa detective Perla Mus, atraída polo modelo de cidade que tantos premios acadou a nivel mundial, chega a Pontevedra para atoparse coa súa amiga a reporteira Coretti Millo. Ela, actuando de cicerone, amosaralle a Boa Vila e xuntas crearán un vídeo do acontecemento do ano na cidade: O Salón do Libro 2021.

Para facelo van precisar a axuda dos nenos e das nenas que asistan ao Salón… Queres participar? Únete!

A partir de 6 anos

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Obradoiro audiovisual. Leucoiña Pasea.

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X