maio, 2021

02mai12:30Evento rematadoVideoclip: cantamos para rescatar ao planetaObradoiro audiovisual. Leucoíña Pasea

Detalles do Evento

Imos compoñer e cantar unha canción para salvar o planeta, pero non calquera canción… nada máis e nada menos que o Himno do Salón do Libro 2021! Para inspirarnos reflexionaremos sobre o EFECTO PO2 e no tipo de cidade ou vila na que queremos vivir. Coa técnica do stop motion rodaremos o videoclip da nosa canción. Participa con nós!

A partir de 6 anos

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Leucoíña Pasea Obradoiro audiovisual

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X