Voa, voa

05mai19:00Voa, voaTeatro con Talía Teatro

Detalles do Evento

Público familiar. Entradas en Ataquilla.com | Prezo: 3€

Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle aprendeu a súa avoa.

Unha montaxe na que ser propón recuperar ditos, retrousos, xogos de man… toda unha relación de ditos populares centrados nas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un espectáculo para incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.

Ao remate da función teremos sinatura de libros

Máis

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra