Wombo - Combo
26abr19:00Wombo - ComboTeatro. Galeatro.


Detalles do Evento
Público familiar. Idade recomendada: a partir dos 8 anos. Entradas en Ataquilla.com | Prezo: 3€Sara odia a súa vida.
Detalles do Evento
Público familiar. Idade recomendada: a partir dos 8 anos. Entradas en Ataquilla.com | Prezo: 3€
Sara odia a súa vida. Ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real nada lle vai ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, ten éxito e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo, “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.
Máis
Hora
(Mércores) 19:00
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra