Xogando na granxa
02mai17:30Xogando na granxaSesión de contos para bebés con Caxoto


Detalles do Evento
De 0 a 3 anos + 1 persoa adulta acompañanteDuración aproximada: 50 min.CADA PERSOA DEBE TER ENTRADA, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDADE. CADA BEBÉ DEBE IR ACOMPAÑADO/A
Detalles do Evento
De 0 a 3 anos + 1 persoa adulta acompañante
Duración aproximada: 50 min.
CADA PERSOA DEBE TER ENTRADA, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDADE. CADA BEBÉ DEBE IR ACOMPAÑADO/A DUNHA (1) SOA PERSOA ADULTA ACOMPAÑANTE
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!
—
Sesión de contos para bebés con Caxoto
Caxoto é a persoa que se atopa tras do mostrador na Trastenda dos Contos. Mestre en educación primaria, e sempre ligado ao espazo escénico entra en contacto coa narración oral coa súa chegada á Editorial Kalandraka no 2004. Alí logo de formarse como narrador asume a campaña de animación á lectura que o leva por colexios e bibliotecas de toda Galicia.
A partir de aí comeza un longo camiño no que ir definindo o contador que chegou a ser, ben a partires do seu traballo, ben a través da
formación con algunhas das figuras máis relevantes da narración oral: Paula Carballeira, Cándido Pazó, Celso F. Sanmartín Campanari, Mercedes Hernández, Carolina Rueda, as Escolas de verán de AEDA, …
Caxoto Contacontos percorreu varias veces toda a xeografía galega con espectáculos de narración oral para público infantil, adolescente e
adulto. O seu contar é sinxelo, directo, retranqueiro e cheo de emocionalidades. O seu amplo repertorio toca todos os paus da narración oral: conto tradicional, contemporáneo, contos de creación propia, historias de vida, … e no seu contar non hai temas tabú.
Máis
Hora
(Martes) 17:30
Lembra!
Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda.
Reserva de entrada
Xogando na granxa. Sesión de contos para bebés
Caxoto
As entradas xa non están á venda para este evento!