O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Xogando por Pontevedra

30abr11:30Xogando por PontevedraEscape book pola cidade con Leucoíña Pasea

Detalles do Evento

Xincana pola cidade, na que a rapazada a través do fío dunha historia e determinadas pistas, debe descubrir onde está Orbil e porque desapareceu. Será que está argallando unha sorpresa e non quere que ninguén se entere? Orbil desapareceu! Onde iría? Sabemos que lle gustan moito os libros. Perdeuse na Biblioteca, nalgunha libraría…? Axudádesnos a resolver o misterioso caso do lobiño desaparecido? Non pasa nada se non sodes expert@s investigador@s, porque por sorte, Orbil deixou unha chea de pistas pola nosa cidade que xunto coas vosas habilidades deductivas, seguro que o atoparemos.

A partir de 6 anos. Debes inscribirte previamente indicando o nome da actividade, a túa idade e nome completo así como o contacto dunha persoa adulta en: paseapontevedra@gmail.com

Máis

Hora

(Domingo) 11:30