Xogo(s) de arte
07mai11:15Xogo(s) de arteObradoiro artístico coa Asociación Paspallás


Detalles do Evento
A partir de 5 anosDuración aproximada: 50 min. —– —–A Asociación Paspallás propón un taller de experimentación plástica e visual, no que se
Detalles do Evento
A partir de 5 anos
Duración aproximada: 50 min.
—– —–
A Asociación Paspallás propón un taller de experimentación plástica e visual, no que se mestura a creación artística coa literaria empregando estratexias lúdico-educativas. A partir dun collage que nos permita xogar con palabras, tipografías e imaxes traballarase a construcións de papel, material diverso e cartón, creando ensamblaxes relacionadas coas palabras. As estruturas móbiles resultantes instalaranse no espazo, facendo do recuncho de arte un lugar activo.
Anímate e participa!
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!
Máis
Hora
(Domingo) 11:15
Lembra!
Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda
Reserva de entrada
Xog(s) de arte
Obradoiro artístico coa Asociación Paspallás
As entradas xa non están á venda para este evento!