O Galón Lab
O O Galpón Lab é unha asociación pontevedresa sen ánimo de lucro que apoia a artistas emerxentes, promove a creación artística e o intercambio cultural. Sentómonos moi afortunadas porque escolleron O Salón para celebrar o seu primeiro ano de vida. Malia a pandemia, neste ano desenvolveron unha manchea de iniciativas, para crianzas e público adulto, de arte e creatividade. Iria Rodríguez e Eva Fandiño fixeron un percorrido polas actividades desenvolvidas nos últimos meses e animaron a creativos e creadores da contorna a participar nas súas actividades. Se queredes ver máis do seu traballo, podedes ver a sua web: http://galponlab.com/ e, se non puidestes asistir presencialmente ou por streaming, os contidos quedarán aloxados no Canle de Youtube do Salon. Cata creatividade temos na nosa cidade! Grazas, Eva e Iria por compartila con nós!