O efecto invernadoiro, por Xacobo de Toro
Neste ano de emerxencia literaria, o efecto PO2 é máis necesario que nunca. Así que chamamos ao noso amigo Xacobo de Toro, profesor e divulgador científico, para que compartise con nós os seus coñecementos. Neste tempo de pandemia, non puidemos convocar ás escolas para viren facer obradoiros, polo que decidimos crear un canle virtual para espallar o coñecemento científico arredor do cambio climático. Se queremos salvar o planeta, o primeiro é saber que acontece, ou non? Moitas grazas, Xacobo, por explicarnos tan ben explicadiño en que consiste o efecto invernadoiro. En breve, máis vídeos no Salón Ciencia.