APRENDE BANDA DESEÑADA con FIZ – Lección 1- Kiko da Silva 2020

VELAQUÍ O TAN ESPERADO OBRADOIRO📯📯📯📯📯: APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ
LECCIÓN 1

Kiko da Silva, autor de APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ e director de O GARAXE HERMÉTICO, a Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galiza (www.ogaraxehermetico.com), este ano é o ilustrador homenaxeado do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Kiko e Fiz decidiron montar este pequeno curso online por que pensaron que, agora que tedes moito tempo ao estardes confinados nas vosas casas, talvez sexa un gran momento para poñervos a aprender a debuxar historietas e quen sabe, provocar así que xurdan novas xeracións de autores/as de BD.

Nesta primeira lección, Kiko Da Silva e Fiz, o neno máis porco do mundo, ensinaranvos as orixes da BD que nos levará ata as pinturas rupestres das cavernas prehistóricas e ensinaranos a perderlle o medo a debuxar. Crearemos personaxes simples, fáciles de debuxar e lembrar para podelos mover nas nosas viñetas. Ese mesmo sistema tamén serve para facer personaxes con acabados máis realistas e profesionais.

MATERIAIS NECESARIOS

FOLIOS A4
LAPIS E GOMA DE BORRAR
ROTULADOR NEGRO
ROTULADOR DE COR CLARA OU ACUARELAS
PAPEL VEXETAL

Enviade os vosos resultados do curso por email: ogaraxehermetico@gmail.com

Entre os que enviedes debuxos sortearemos 2 exemplares asinados e adicados por Kiko da Silva de APRENDE BANDA DESEÑADA con FIZ !!! (editado por XERAIS)