Boa tarde, familias! Como andades? Hoxe, ademais da Narración Oral e de recibir a Primavera, tamén se celebra o día Mundial das Artes Escénicas para a Infancia (vaia día tan festeiro!🎉🎉🎉🎉). Desde o Concello de Pontevedra e o Pazo da Cultura temos unha aposta constante (Domingos do Principal, Festival das Núbebes, O Salón) para ofrecerlle á rapazada da Boa Vila o mellor da produción escénica actual. Co desexo de podermos reanudar a programación en breve, lembramos cun chisco de nostalxia o espectáculo inaugural da XXI edición do Salón, dirixido por Marcelo DoBode, que tiña a Pinocho como protagonista. Mentres agardamos volver aos teatros, propoñémosvos creardes o voso propio monicreque de Pinocho, coa axuda na nosa amiga Sandra de ReviraVolta. E aproveitamos para mandar un afectuoso (e virtual) abrazo ás crianzas de Italia, o noso país convidado. Andrà tutto bene! 🌈
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa