Cinco e acción!

Sabedes o que é un zoótropo? Boa parta da cativada que participou esta mañá no obradoiro de Kraken tampouco o sabía. Trátase dun cilindro que xira sobre o seu propio eixo, nas paredes interiores leva pegadas unhas ilustracións e nas exteriores ten unhas fendas que deixan ver o seu interior. Ao xirar e ollar por estas fendas, da a sensación de que a ilustración das paredes estase a mover. Este invento tan divertido é un dos avós do cinema, e a rapazada aprendeu a fabricar un no Salón. Debuxaron unhas pombas coas ás en diferentes posicións e ao xirar… Maxia! A pomba parecía que estaba a voar.