O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

País convidado

…..

Captura de Pantalla 2024-02-29 a las 8.08.03

Unha achega á literatura infantil e xuvenil català

Os libros son fiestras para mirar outros mundos, pontes para achegarnos a outras culturas. Por iso cada ano escollemos un país e unha lingua convidada, unha literatura infantil e xuvenil que enche os andeis do Salón a carón da nosa. Este máxico ano é Catalunya e teremos contos, cantos, libros, ilustracións e petiscos cataláns para afondar na súa lingua, literatura e cultura. Descubrimos, ademais, que temos en Galiza moitos creadores e creadoras catalogalegos, editoras que publican en galego ecatalán e familias de Pontevedra que comparten as dúas linguas. Sexan os libros camiños de ida e volta cos que coñecernos e recoñecernos, os galegos e galegas que viven en Catalunya e viceversa. 

Para achegarnos á Literatura infantil e Xuvenil catalá pedímoslles a IbbyCat Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil que nos fixesen unha selección de 50 obras que amosen a bibliodiversidade do país convidado. Esta foi a escolma que nos prepararon Pep Molist e Glória Gorsch. Tedes estes, e outros libros en català e galego ao voso dispor no espazo de Catalunya do Salón do 1 ao 17 de marzo e logo na Cova dos Libros Fantásticos.

A proposta articúlase coa vontade de ofrecer un panorama da LiX catalana dos últimos tempos, incluíndo algúns clásicos que nos axuden a entender tamén a súa historia e tradición. A diversidade de creadores e creadoras, editoriais, idades, temáticas eestilos tamén se tivo moi presente. É por isto, que máis alá da calidade, intentouse ofrecer unha mostra da riqueza dunha literatura infantil e xuvenil con moitos rexistros. Agardamos que vos preste!

 

Pequenos e pequenas lectoras (0-4 anos)

♥ Comín, Marta. Benvinguda. Trad. Dani Espresate. Barcelona: A Buen Paso, 2021

Con cada nova obra, Marta Comín innova na forma ou formulación co desexo de sorprender ao lectorado máis pequeno da casa. Nesta ocasión creou unha pequena xoia, case un libro de artista, delicado e poético, difícil de describir. Aínda que ten a medida ideal para ser collido polas mans das crianzas máis pequenas, é máis ben un libro de descuberta compartida, un agasallo de nais e pais a fillas e fillos. A medida que a persoa adulta le o breve texto, irá despregando a páxina da dereita, que se converte en diferentes animais. Xogando coa cor branca e a simplicidade dunhas formas básicas, pero moi enxeñosas, o libro convértese no primeiro animalario da crianza.

♥ Galí, Mercè. Deu pometes. Barcelona: La Galera, 2019

Un libro de cartón sen palabras, un soporte ideal para a persoa adulta que narra o conto ás crianzas. Con dous dos temas máis tratados nos libros para as máis cativas: os números e os animais. Deu pometes hai ao comezo. En cada dobre páxina, aparece un animal que fai desaparecer unha das mazás e así, até o final.

Un libro ideado e ilustrado por Mercè Galí, unha artista que destaca pola personalidade dos seus debuxos, pola sutileza do seu trazo e pola capacidade de suxerir das súas imaxes, cousa que a fixo destacar coma ilustradora de libros de poesía.

♥ Losantos, Cristina. Els oficis. Barcelona: Combel, 2023

Segundo libro da coleción “Veig, Veig!”, que pon de manifesto a grande  capacidade que ten Losantos de ilustrar escenarios cheos de detalles, ideal para propostas como esta: libros de lectura non lineal, de buscar i atopar personaxes no medio da cidade, afinando a mirada.

Despois dunha primeira fase de recoñecemento, propósenos xogos máis complexos, como agora seguir pequenas historias ao longo das páxinas, de maneira que temos nas mans uns daqueles libros que crecen e acompañan ás crianzas durante todo o itinerario lector.

Losantos é unha figura clave na historia da ilustración catalana porque fai de ponte entre tradición e modernidade.

♥ Santamans, Joana. Colors. Barcelona: Estrella Polar, 2023

Co seu primeiro libro, Vida: bestiari il·lustrat (Bridge, 2016), descubrimos o talento desta pintora e ilustradora catalana retratando a natureza. Agora, esta mesma arte e sensibilidade trasládaos a un imaxinario de elementos naturais ordenados por cores. Non se trata dunha obra orixinal na concepción, pero si na execución: é un libro de páxinas grosas, que pesa, que podemos poñer dereito facilmente, pensado case coma obxecto artístico. As imaxes son pictóricas, realistas, e xogan cos matices cromáticos, e realmente sorprende atopalos nun imaxinario.

 Alcántara, Ricardo; Gusti, il. El pirata valent. Barcelona: Kalandraka, 2019

Desde finais dos oitenta até a actualidade, a parella formada polo escritor Ricardo Alcántara e o ilustrador Gusti dez series de libros para primeiras lectoras realmente memorábeis, como agora as de Juanito Jones, Tento, Tomàs, ou ben, Pip, e algúns libros álbums moi relevantes.

El pirata valent é un conto que se publica no 1989 e que fai poucos anos, Kalandraka recupera. Unha mestura de fantasía e humor, en clave rimada, na cal un infante convértese, por un momento, nun pirata feroz e vive as aventuras propias dun corsario con todas as ganas, até que a nai o chama para merendar.

♥ Keselman, Gabriela; Montserrat, Pep, il. El regal. Madrid: Kókinos, 2019

Gabriela Keselman é unha das escritoras máis relevantes nos contos para primeiras lectoras. Diversas son as súas obras destacadas, entre as cales sobresae o libro álbum El regal, tanto pola súa calidade coma tamén polo seu deseño enxeñoso e orixinal e as ilustracións de Pep Montserrat.

Chega o aniversario de Miquelet e a súa nai e o seu pai non saben que regalarlle. Achéganse a preguntarlle e Miquelet vailles dando pistas, páxina trás páxina, desorientándoos un pouco máis do que xa estaban e creando unha intelixente e atractiva expectativa á lectora.

Un libro álbum tenro e divertido, para ler, xogar e saborear.

 

Primeir@s lector@s (4-8)

 
♥ Pla, Imma. Abecedari amagat Barcelona: Joventut, 2017  

Os abecedarios, moitas veces, convértense en libros de artista, nos cales estes xogan coas letras e mostran as súas principais credenciais artísticas. Imapla, en cada proposta, combina con mestría e con moito enxeño, as súas dúas principais dedicacións: a ilustración e o diseño gráficoEn Abecedari amagat presenta un xogo visual que convida a descubrir e recoñecer as letras que nos rodean. É así como podemos ir á Lúa cun A, sorrir cunU, bañarnos nun D, navegar cun L … Con todo, é unha obra que convida a crear un abecedario propio.

♥ Aparicio, Anna. L’abecedari entremaliat. Barcelona: Takatuka, 2021

O mercado editorial está cheo de abecedarios que máis alá de ensinar o código alfabético buscan facer máis divertido e ameno todo o proceso lector das crianzas. Con esta intención, Anna Aparicio creou un xogo ao redor do abecedario que pode proporcionar moltas horas de diversión. Atopamos nel unha dobre páxina dedicada a cada unha das letras do abecedario, escritas en letra de pal, impremta, lligada, morse e braille, e ao lado unha pila de obxectos ilustrados que comenzan coa mesma letra. O xogo está claro: dicir o nome de cada obxecto e atopar o intruso. O valor da proposta é o deseño coidadoso de cada páxina e, sobre todo, a riqueza de miradas e referentes do conxunto dos obxectos dibuxados.

♥ Besora, Ramon; Asensio, Albert, il. La lletra que tot ho canvia. La Seu d’Urgell: Meraki, 2023

Velaquí dous autores que, nos últimos anos, destacaron cada un no seu dominio: Ramon Besora no da poesía, e Albert Asensio no da ilustración, e que uniron os seus dons para crear La lletra que tot ho canvia. Un libro de grandes dimensións, con ilustracións espectaculares que enmarcan unha xoia poética, tanto de texto coma de imaxe. Un conxunto que cautiva desde oprimeiro momento. Mostra un xogo poético que nace e crece a partir do equívoco, do imprevisto, do absurdo

♥ Bonilla, Rocío. Gràcies: història d’un veïnat. Barcelona: Animallibres, 2021

Cunhas ilustracións que comunicant a través da vía da empatía afectiva, Rocio Bonilla creou un universo propio cun trazo do todo recoñecíbel, que conecta moito co público familiar. Proba disto é o éxito de vendas dos seus libros e, sobre todo, as traducións e a súa proxecninternacional.  

O seu debuxo de liña clara, de lápis e acuarela, móvese entre o humor e a sensibilidade, e destaca sobre todo na creación de espazos e ambientes.   Aínda que comezou ilustrando textos doutros autores, ultimamente é autora global dos seus libros, coma este, que presenta unha obra coral onde diferentes animais humanizados son exemplo da boa convivencia veciñal.  

♥ Calders, Pere; Solé Vendrell, Carme.Raspall. Barcelona: Mars, 2009

Raspall é un dos grandes clásicos e referentes da literatura infantil catalana. Escrito por un dos autores de contos máis relevantes do s. XX, que destaca entre outros polo seu realismo máxico, pola fantasía e o humor dos seus textos. Raspall foi convertido en libro ilustrado en 1987, e recuperado en 2009, coas ilustracións de Carme Solé Vendrell. Estas saben describir cunha enorme tenrura e forza o sentimento de amor que o protagonista tiña polo seu can e que, despois da súa desaparición, redirixe caraa un cepillo que atopa no alto da casa. Os signos de identidade, tanto do escritor coma da ilustradora, brilan con luz propia.

♥ Cesc. L’escombracarrers; El peó; La florista. Barcelona: Kalandraka, 2017  

Francesc Vila i Rufas (Barcelona, 1927- 2006) é coñecido como Cesc, fillo do tamén dibuxante, Joan Vila (D’Ivori). Foi humorista gráfico, ilustrador, guionista, publicista, cartelista, gravador  e pintor, destacado por considerarse un gran cronista da Catalunya desde os anos sesenta até os noventa. Estas obras publicáronse orixinariamente no ano 1962 pola editorial Lumen e a edición actual de Kalandraka respecta o seu formato orixinal, que continua sorprendéndonos: tapas de cartón (11x24cm), cunha encuadernación á vista. Cesc, referente do humor gráfico catalán do século XX, fai con esta coleción unha homenaxe aos oficios, aos traballadores anónimos dos anos 60 do país. Cun texto breve e debuxos de trazo áxil e expresivo, cada obra convértese na crònica ilustrada dun tempo, desde a mirada poética, tenra e humorística deste querido autor.  

♥ Company, Mercè; Asensio, Agustí, il. La Nana Bunilda menja malsons. Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat, 2011

Este libro ilustrado foi publicado en 1985 e elaborado por un tandem que, naqueles momentos e até o deceso do ilustrador, era infalible. Uns momentos  nos cales as emocións e sentimentos aínda estaban nos contos sen a necesidade de facer un cabalo de batalla. Mercè Company e Agustí Asensio crearon unha personaxe entrañábel, unha especie de bruxa pequena, rechoncha e grande que captura os pesadelos das persoas,  ponos nunha pota e convérteos en pasteis de chocolate. Pasaron os anos, a obra recuperouse, e como pasa cos clásicos, segue tendo todo o encanto e toda a vixencia do mundo.

♥ Duran, Teresa; Ballester, Arnal, il. Pim, pam, pum, poma. Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat, 2018

Publicado por primeira vez no ano 1989 na colecn La porta de l’Abadia de Montserrat, este foi un dos contos máis contados en escolas e bibliotecas ao longo dos anos 90. Trátase dun conto encadenado, onde diversas personaxes da tradición son devorados sucesivamente: un trasno come unha mazá, a bruxa come ao trasno, un xigante come a bruxa, e finalmente o diaño come o xigante. O texto é obra de Teresa Duran, escritora e referente indiscutible do estudio edifusión da literatura infantil no noso país e evidénciase o seu interese en folklore e cultura popular. A parte gráfica é obra de Arnal Ballester, outro referente do país, que colle as personaxes clásicas da tradición e fai unha proposta rompedora e moi potente. A reedición que presenta Kalandraka fai xustiza á calidade da obra porque se presenta nun formato máis grande e tapa dura.

 

♥ Figueras, Núria; Font, Anna, il. La visita. Barcelona: Kalandraka, 2023. 
Con este libro, o tandem formado pola escritora Núria Figueras e a ilustradora Anna Font, gañaba o prestixioso premio Compostela de álbum ilustrado de 2023. Figueras brinda un text do cal o xurado destacaba a calidade literaria, que vai acompañada polo cromatismodesbordante da ilustración, cun dominio excelente da arte secuencial do álbum e o seu discurso narrativoUn pequeno raposo quédase no refuxio, coa consigna da nai de que non deixeentrar a ninguén. Visitarao unha personaxe chamado Silenci, unha idea humanizada que dá xogo ao texto e un montón de posibilidades á ilustración. Un exemplar excepcional.
 
♥ Jané, Albert, versió; Perrault, Charles, text, Formiguera, Pere, fotografies. El petit Polzet. Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat, 2019

Hai pouca presencia de fotografía artística na literatura infantil no noso país, e cando no ano 1994 Barcanova trouxo este libro do fotógrafo Pere Formiguera foi algo realmente insólito e revolucionario.  As fotografías estaban realizadas cos métodos habituais pero manipuladas con programas informáticos de tratamento de imaxes, que precisamente se iniciaban neses momentos. O fotógrafo experimentou coa técnica, xogando coas medidas, a perspectiva e as proporcións das personaxes. A historia que explica é o conto clásico de Perrault, Polgariño, adaptada e traducida de forma excelente por Albert Jané, un dos grandes profesionais da tradución na lingua catalana, que consegue acercar os textos clásicos á cativada sen que perdan riqueza lingüística.

♥ Laperla, Artur. Super Patata. Barcelona: Bang, cop. 2011- (Mamut)

Detrás do nome de Artur Laperla està o ilustrador e guionista Artur Díaz, autor de grande percorrido dentro do mundo do cómic, en xeral cunhas propostas frescas e cheas de humor. No ámbito da literatura para cativada é autor dunha das series máis populares do mercado editorial catalán: Super Patata. Laperla ten un debuxo de liña clara, un punto aninotado, con cores planas e contrastadas, que chega facilmente a primeiras lectoras que buscan textos fáciles pero intelixentes e enxeñosos. Super Patata é unha parodia das historias de superheróes, protagonizada por un superheróe que cae na desesperación cando un malvado o converte nunha pataca. É interesante prestar atención ao selo infantil Mamut da editorial Bang onde se publica, porque naceu no ano 2008 co obxectivo de publicar cómics de autores do país, para unha franxa que estaba desatendida: crianzas a partir de 3 anos.  

♥ Raspall, Joana; Blanch, Ignasi, il. Podries. Barcelona: Takatuka, 2017

Podries é un poema publicado en 1998 dentro do libro Com un plomissol de Joana Raspall, unha autora que se converteu en referente da poesía infantil en catalán. Pola súa temática e precisión, o poema pronto colle vida propia e popularízase até converterse nun libro álbum, ilustrado por Ignasi Blanch, no2017. O poema centrado no tema dos refuxiados era, i aínda é, de plena actualitade. A autora fai unha homenaxe a todos aqueles que tenen que marchar involuntariamente da súa casa; mostra como todos os humanos teñen as mesmas necesidades e sentimentos, e convida á solidariedade, á empatía e áreflexión diante das desigualdades.

 

♥ Canal, Eulàlia; Galmés, Toni, il. Te de maduixa al cau del teixó. Barcelona: Bindi Books, 2023

Eulàlia Canal é unha das autoras catalanas actuais coa obra máis sólida ecoherente. Canal, cunha linguaxe sinxela, sen grandes artificios, con frases moiclares e pequenas doses de humor crea universos literarios cheos de poesía, con personaxes poliédricas que se relacionan, fanse preguntas e interpelánnos. Con este libro retrotráenos aos clásicos ingleses do estilo de El vent entre els salzes, protagonizados por animais humanizados que viven unha vida sinxela e tranquila na natureza, nunha campaña atemporal. Nesta ocasión o elemento narrativo que abastece a historia é a busca de diferentes animais que perderonalgunha cousa. O ilustrador Toni Galmés, que tamén bebe dos clásicos ingleses, debuxa de maneira excelente  e co mesmo ton, os escenarios e personaxes que presenta a historia.

♥ Manso, Anna; Salvadó, Gabriel, il. La llista d’aniversari. Barcelona: Cruïlla, 2010
Anna Manso é unha das principais autoras da literatura infantil e xuvenil catalana, que forma parte da xeración herdeira daquel primeiro grupo de autores que nos anos 80 do século XX comezaron a escribir en catalán grazas aos movementos de renovación pedagóxica. Manso, no só publicou máis de cuarenta obras, algunhas traducidas, doutras premiadas, se non que fixo un traballo moi importante de promoción lectora en escolas e bibliotecas, e de formación a docentes. La llista d’aniversari é o exemplo perfectode como é de importante la literatura de batalla. Cando a crianza está dando osseus primeiros pasos coma lectora autónoma, cumprirían moitos libros coma este, con pouca dificuldade lectora perocunha dose de enxeño enorme, e moito sentido do humor, marca da autora.
 

Lectorado con experiencia (8-12)

♥ Comelles, Salvador; Inaraja, Christian, il. Espècies extraordinàries. Barcelona: Birabiro, 2020

Co cambio dunha vogal ou unha consonante do nome dunha especie animal ou vexetal, o escritor Salvador Comelles -do cal destacan os seus libros de poesía e conxuntos de relatos breves-, consegue construír un catálogo de especies extraordinariamente fantásticas. Un pi boig, unha meduixa, unha llumona, un centveus, un dramadari, o bé, una gatapinyada, son algunhas das especies que aparecen, definidas brevemente cun enxeño especialmente preciso e poético que sorprende gratamente ao lectorado. A nitidez e simplicidade das ilustracións de Christian Inaraja acaban de dar contorna e vida a cada unha destas especies imaxinarias.

♥ Dalmau, Alba; Vidal, Cinta, il. Capgirat. Barcelona: Bindi Books, 2020

Aínda que a autora publica sobre todo para público adulto, o conto ilustrado Capgirat é unha obra singular que merece estar nunha escolla de destacados de literatura catalana actual para  crianzas. Dalmau escribe un conto que parte dunha premisa moi rodariana: que pasaria se de súpeto o mundo dese un salto, voase uns instantes polos aires, e no que volve á normalidade, todo quedase estrañamente do revés? O efecto de falsa realidade, case de xogo visual, toma toda a dimensión grazas ao traballo de ilustración de Cinta Vidal, unha autora muralista que nos últimos anos estivo enchendo cos seus cadros xiratorios as paredes de grandes edificios de todo o mundo. A súa obra impacta polo contraste do seu estilo realista coas construcións de arquitecturas imposíbeis, ao estilo da obra de M.C. Escher.

♥ Desclot, Miquel; Font, Anna, il. Nas de pallasso. Barcelona: Kalandraka, 2022

Miquel Desclot conta xa cunha traxectoria destacada na literatura infantil, convertíndose no gran referente da poesía para crianzas en catalán. Nas de pallasso, o seu último libro de poemas, dedícao ao circo en todas as súas dimensións. Unha obra rica en vocabulario, en recursos poéticos, en variedade formal… A parte de definir as personaxes máis populares de l’espectable, tamén son destacábeis os poemas inspirados e dedicados a obras de arte relacionadas co circo, de Picasso, Calder, Chagall… e a grandes artistas do circo como agora Tortell Poltrona ou Pepa Plana. Anna Font, coas súas ilustracións dá vida a un conxunto poético esplendido.

♥ Martí, Meritxell; Salomó, Xavier, il. Sunakay. Barcelona: Flamboyant, 2021

Meritxell Martí e Xavier Salomó é a parella de autores cataláns con máis repercusión internacional, conseguida cunha gran destreza na narración a través da ilustración e cun conxunto de obras onde destaca a orixinalidade e o enxeño. Sunakay é unha aventura distópica, que describe a loita pola supervivencia de dúas irmás, Sunan e Kay, que viven nunha illa feita de plásticos e restos. As súas vicisitudes son trepidantes, capaces de sorprender e de manter a tensión até un final que xera diversos fíos para alimentar o debate entre o lectorado, sobre o medio ambiente e o futuro do planeta.

♥ Obiols, Miquel; Calatayud, Miguel, il. Ai, Filomena, Filomena! i altres contes. Barcelona: Kalandraka, 2012

A obra de Miquel Obiols transcorre dentro da corrente da literatura fantástica, aquela que une o absurdo e as vangardas, herdeira da tradición surrealista. Aínda que podemos facer unha lectura cómica e hilarante, cando a finais dos anos 70 do século pasado se publicou Ai, Filomena, Filomena!, había sobre todo a vontade de rebelarse contra a uniformidade imperante reivindicando a imaxinación creadora. Obiols é un autor orixinal e provocador, que vai adiantarse ao seu tempo, que entende a literatura coma un espazo de experimentación constante, unha ocasión única para xogar coa linguaxe e coa construción formal do libro, desde o deseño até a tipografía.

♥ Picanyol. Ot, el bruixot: tires còmiques. Sabadell: Pirata, 2022

Ot, o bruxo é unha das personaxes máis populares e emblemáticas da literatura infantil catalana. Conségueo a través das tiras que Picanyol publica mensualmente e ininterrompidamente desde 1971 até 2014 na revista Cavall Fort. Ot é unha personaxe facilmente identificable: sombreiro puntiagudo, capa, lazo no pescozo, zapatos con tacóns, tres pelos na cabeza e catro pelos no bigote, e sempre aparece nun mesmo formato de tira: vertical e coas viñetas sen enmarcar. Cun humor enxeñoso, as escenas xiran ao redor das súas accións que, no seu día a día, aproveita a maxia para arranxar cousas e facerse (facernos) a vida máis fácil.

♥ Santaeulàlia, J. N.; Lozano, Luciano, il. Temps de haikús. Barcelona: Akiara, 2022

“Akipoeta” é unha das colecións máis destacadas da editorial Akiara e caracterízase pola coidada edición dos seus poemarios. Coa vontade de ofertar un formato poético que case ao completo co contido, a editorial ten moito coidado na eleción do papel, o deseño global e a encuadernación, o cosido á vista, que lle dá un toque de libro feito a man ou libro de artista.  Esta vez atopámonos un conxunto de haikus divididos en catro capítulos correspondentes ás catro estacións. As ilustracións de Luciano Lozano xogan coas cores de cada estación, mostrando a beleza da natureza pero desde a mirada da cativada de hoxe. E todo, cun deseño moi harmónico e elegante. Sardà, Júlia. La reina a la cova. Trad. Tina Vallès. Barcelona: Blackie Books, 2023. La reina de la cova é a estrea literaria coma escritora de Júlia Sardà, unha das ilustradoras catalanas con máis transcendencia internacional e cun dos imaxinarios máis ricos. Un conto de fadas, unha invitación a entrar nun mundo fantástico, ás veces fermoso e claro, e por momentos, escuro e terríbel, que é onde se adentran as tres irmás protagonistas. França séntese obrigada a buscar unha raíña que ve en soños, e pide axuda ás súas irmás. Un retrato da transición cara ao mundo das adultas, cunha historia que lembra a novelas simbólicas e fantásticas como Alicia en terra de meravelles ou El bruixot d’Oz.

♥ Canosa, Oriol. L’Illa de Paidonèsia. Barcelona: La Galera, 2017

Con esta obra que foi merecedor o Premio Folch i Torres 2016, Canosa gañouse o favor da crítica, a mediación literaria e o público, que desde ese momento esperan con impaciencia cada nova publicación. L’illa de Paidonèsia é unha novela epistolar, onde todo se narra a través de cartas que se envían as diversas personaxes: cativada que decidiu vivir sen adultas nunha illa deserta do Caribe. Canosa é un escritor intelixente e hábil, que sabe manter o ritmo do relato, pero sobre todo é xoguetón e ten unha grande capacidade para conectar coa cativada. Tanto as tramas coma as personaxes que crea, sempre teñen un punto rocambolesco, divertido e exaxerado, que non deixan nada ben paradas ás persoas adultas. O ton desenfadado e xoguetón do libro é un regalo para crianzas de entre os oito e dez anos, porque non sempre é fácil atopar textos áxiles, enxeñosos e ben escritos por esta franxa lectora. 

♥ Carranza, Maite. La pel·lícula de la vida. Barcelona: Cruïlla, 2016

Unha obra emblemática con todo o savoir faire dunha das mellores autoras dos últimos tempos, que une, con acerto, con aquel realismo crítico que fai uns anos presentaba situacións dolorosas cun espírito crítico. Maite Carranza presenta unha familia de clase media que ve como, día a día, as débedas a consumen até chegar ao desafiuzamento. A novela está narrada desde a voz da filla, que é quen se sobrepón á situación, con valentía e enxeño. A súa voz vén dicirnos que iso pode pasarnos a todas. Unha situación dramática vivida desde o espanto, pero tamén desde a loita e a denuncia. Unha obra de lectura case obrigada.

♥ Copons, Jaume; Julve, Òscar, il. Filstrup. Barcelona: Animallibres, 2022

Jaume Copons, escritor e guionista, ten o mérito de ser autor, xunto coa ilustradora Liliana Fortuny, da serie máis exitosa do mercado editorial catalán: Agus i els monstres (Combel, 2014-),  e non só polo que ten que ver coas vendas, se non tamén porque conseguiu unha popularidade que vai máis alá dos núcleos lectores. Os trazos característicos da súa prosa son o humor intelixente, con referencias culturais e un ton fresco e descarado que conecta facilmente co lectorado infantil actual. En Filstrup fai tandem co ilustrador Òscar Julve, e repite o mesmo modelo formal que coa serie de Agus: combinar texto e viñetas con moita ilustración, navegando entre o cómic e a narrativa. O  argumento de saída xa é claramente marca do humor irreverente de Copons: Filstrup é un preadolescente de boa fe, que tivo a mala sorte de nacer nunha casta de ladróns.

Longan, Laia. L’hivern que vam aprendre a volar. Barcelona: Animallibres, 2019

Laia Longan situa a acción nunha vila dunha illa noruega ocupada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. As protagonistas son un rapaz e unha rapaza, que unen esforzos para conseguir o obxectivo de construír un avión para ir á busca do pai da rapaza. Longan consegue que a historia flúa con naturalidade e que o lectorado se sinta immerso na paisaxe e avance ao lado das protagonistas, nun marco histórico moi novelado na narrativa infantil e xuvenil. A obra redondéase coas ilustracións precisas e delicadas de Jordi Vila, ideais para unha obra realista e de xénero histórico coma esta.

♥ Puigpelat, Francesc. El nen que va xatejar amb Jack Sparrow. Alzira: Bromera, 2015

Francesc Puigpelat é escritor e periodista e con esta obra gañou o XIX Premio de narrativa infantil Vicent Silvestre. Detrás dun título tan curioso escóndese unha obra realista que atrapa ao lectorado con moita habilidade, grazas ao uso de referentes contemporáneos e unha prosa de ritmo áxil e cheo de diálogos. La destreza narrativa do autor consegue que aceptemos unha trama bastante improbable que parte dunha anécdota máis ou menos frívola, como a de falar coa túa personaxe cinematográfica preferida, até tocar aspectos máis íntimos da vida da crianza protagonista, como agora o acoso escolar e o  contexto de crise e precariedade laboral que implica o alonxamento do pai.

♥ Sala i Vila, Carles. Cornelius i el rebost d’impossibles. Barcelona: La Galera, 2010

Esta é a obra, Premio Folch i Torres 2009, que deu a coñecer a Carles Sala i Vila, unha das voces máis destacadas e interesantes dos últimos anos da lix catalana, e seguramente que a súa obra máis relevante. En Cornèlius i el rebost d’impossibles, Sala preséntanos unha aldea de montaña a onde chega un carro conducido por un home grande e un escudeiro, cunha carga para encher unha misteriosa despensa de imposíbeis. Un relato fantástico que debe moito á tradición, cunhas personaxes moi ben ligadas e cun conxunto de embólicos que fixeron que a obra se convertese nun referente.

♥ Sennell, Joles; Tobella, Montse, il. La guia fantàstica. Barcelona: Animallibres, 2011

La guia fantàstica, escrita no ano 1977, foi o primeiro libro en solitario de Joles Sennell, pseudónimo do escritor Pep Albanell, un dos escritores máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil catalana de todos os tempos. A súa obra, de máis de setenta títulos, oscila entre o realismo e a fantasía, partindo da cotidiandade pero explorando os límites e traspasándoos, un pouco na liña de Rodari. Cunha prosa áxil e precisa, enfróntase sempre a todo tipo de temas desde o humor, o optimismo e a emoción de vivir. A publicación de La guia fantàstica abriu a porta á narrativa fantástica en contraposición ao realismo crítico que entraba con forza ao mercado editorial. O libro reivindicaba a imaxinación coma motor de creación e dalgunha maneira é unha constante que marcou toda a obra de Albanell.

♥ Villanueva, Muriel. Duna: diari d’un estiu. Barcelona: Babulinka Books, 2015

Baixo a aparente sinxeleza dun diario de vacacións, Duna fálanos da barreira de emocións e sensacións que nos sucumbe cando deixamos atrás a infancia, cando descubrimos a vida nun verán que, sen estridencias, convértese en transcendente. O ocio compartido coas irmás nunha vila da praia, adopta outro aire co coñecemento dun neno, Max. Cunha prosa fermosísima, Duna explícanos de maneira natural, o primeiro amor, a primeira regra, o primeiro enfrontamento coa nai e o descubrimento da fraxilidade das persoas adultas. Todo seguido cunha serie de misterios e unhas imaxes literarias moi poderosas que fixeron que o libro circule con forza e constancia entre a cativada e o lectorado máis novo desde fai uns anos.

 

 

Lectorado novo (12-14)

 

♥ Burgas, Àngel. Noel et busca. Barcelona: La Galera, 2012

Se algunha cousa define a traxectoria de Àngel Burgas é a súa versatilidade, xa sexa saltando da novela á poesía ou ao teatro, dirixíndose a un público infantil, mozo ou adulto, ou enfrontándose a calquera rexistro e xénero. Noel et busca, unha das súas obras máis emblemáticas  máis lidas, é un thriller psicolóxico moi ben construído, de ritmo adictivo, que demostra o gran dominio narrativo do autor.  Entrevense tamén algunhas constantes e intereses do seu traballo: a mirada atenta aos mozos, que retrata con toda a súa complexidade e ambigüidade; o seu interese por personaxes marginais e confusos, e o enfrontamento a temas tabúes, que trata con tacto e destreza literaria.

♥ Carbó, Joaquim. La casa sota la sorra. Estrella Polar, 2022

Un dos libros máis vendidos da historia da literatura catalana. Xerou, entre outras, adaptacións ao cómic, ao teatro e ao teatro musical. E o seu autor, un dos escritores máis coñecidos e queridos polo gran público, cunha importante produción destinada a cativada e mocidade e unha peza clave na recuperación da lix en catalán…La casa sota la sorra é unha novela de aventuras protagonizada polo xoven Pere Vidal, que atopa un traballo que o leva á sede dunha organización secreda instalada no Sudán, dedicada a todo tipo de negocios brutos. Pere Vidal fará amizade con Henry Balua, que serà unha peza clabe para vencer ao malvado señor Ti.

 Castellanos, Pol. L’assassina de Venècia. Barcelona: Estrella Polar, 2021

Con só dúas novelas publicadas, Pol Castellanos gañou un montón de premios e eloxios por parte da crítica e o lectorado. Con L’assassina de Venècia o autor pon en xogo todos os elementos habituais das novelas de aventura: asasinados, fugidos, intrigas de poder, conflitos familiares e, sobre todo, viaxes, reais e ficticios. Ao mesmo tempo, entrelaza diversas liñas temáticas moi potentes que aportan profundidade á historia: a caza de bruxas, o estalido da Primeira Guerra Mundial e o misterioso poder das lendas. Este é o grande mérito do autor: a capacidade de armar unha obra coral con personaxes moi ben dibuxados, moita acción, un ritmo de lectura trepidante, e unha prosa que, aínda non sendo descritiva, é visualmente eficaz para situarnos na época e en múltiples escenarios.

♥ Cirici, David. Els incendiaris. Barcelona: Fanbooks, 2021

Os votos do lectorado novo outórgalle o Premio Protagonista Jove do ano 22/23 a Els Incendiaris, unha novela realista de rigorosa actualidade, que reflexiona sobre o racismo desde diferentes puntos de vista e sen paternalismo, pero tamén sobre a amizade, o amor ou a adolescencia, cunha narración intensa e directa que atrapa desde a primera páxina. Un grupo de amigos quere escarmentar ás persoas que viven nun Centro de Menores Non acompañados, e este feito se lles escapa das mans. Daniel é o único que sobrevive ao acto vandálico sen danos físicos, pero pouco a pouco comeza a cuestionarse os motivos da súa acción.

 García i C​​ornellà, Dolors; Vila Delclòs, Jordi, il. Serena. Barcelona: Cruïlla, 2012

Dolors Garcia Cornellà é unha autora dunha larga traxectoria literaria cunha produción extensa e de calidade, destinada tanto a cativada como a público novo. Aínda logo de tocar todos os xéneros literarios, ten predileción pola novela histórica e todo o traballo de investigación documental que conleva escribe un libreo coma Serena, sen dúbida a obra máis emblemática da súa carreira. Todo comeza na Barcelona do 1428, cando un terremoto sacode a ciudade e a nai da protagonista morre no derrubamento de Santa Maria del Mar. Trátase, pois, dunha novela iniciática e de superación protagonizada pola xoven Serena, que terá que tirar cara a adiante a familia nunha Barcelona azotada pola miseria. Destaca tamén o traballo de Jordi Vila Delcòs, que destaca facendo de ilustrador cronista da nosa historia. 

♥ Perera, Núria; Hergueta, Maria, il. La maleta. Barcelona: Babulinka, 2018

La maleta é unha obra orixinal, unha pequena xoia que recibiu moitos recoñecementos, un conxunto de narracións breves que teñen coma fío condutor un obxecto, concretamente unha maleta que irá pasando de man en man ao longo de máis dun século (desde 1890 até 2011). É admirábel como unha cousa tan banal permite facer de testemuño mudo dos cambios sociolóxicos e culturais que se produciron nesta época: industrialización, ondas migratorias, guerras… A prosa é concisa e clara, así coma as ilustracións que a acompañan. Tamén cómpre destacar a impecábel maquetación dun volume tan pequeno.

♥ Santos, Care. Mentida. Barcelona: Edebé, 2015

Desde o 2015, ano da súa publicación e despois de recibir o Premio Edebé de Literatura xuvenil, a novela Mentida non parou de sumar lectorado e seguidoras. Foi lectura recomendada a diversos cursos de secundaria, pero conseguiu traspasar o ámbito escolar grazas ao boca a boca entre a xuventude. O seu éxito animou á escritora a escriure a continuación e agora mesmo a saga consta de cinco títulos. Ao longo da súa extensa obra, Care Santos demostrou a súa capacidade de conectar co público novo, por medio dunhas novelas de ritmo áxil e lectura amena, ben construídas e cunha voz críbel, e partindo de problemáticas que lles poidan ser próximas e lles interpelen. 

♥ Torrent, Dani. Viatges en trens de primera classe. Vigo: Triqueta, 2022

Un libro que se alonxa dos camiños establecidos na literatura xuvenil, en canto a proposta formal e en canto a tema. No 2023, se lle outorga a Poma d’Or na prestixiosa Biennal de Bratislava, un recoñecemento a unha traxectoria particular e relevante. A historia sitúase a principios do XX, coincidindo cos inicios do movimento feminista. A causa da guerra, unha moza educada para casarse, nun ambiente acomodado, queda soa e sen recursos. Cos seus últimos aforros, merca un luxoso vestido e un billete para viaxar en tren durante un ano. Cunha prosa delicada e uns debuxos exquisitos, esta é unha viaxe que encara a identidade e o lugar da moza na societat.

 

Coneixements:

♥ Bestard, Aina. Paisatges perduts de la terra. Barcelona: Zahorí, 2020

A ilustradora Aina Bestard caracterízase pola creación de libros singulares que nacen do seu interese na ilustración documental  e da súa capacidade de observación e dominio da técnica. E grazas, tamén, á complicidade da editorial Zahorí, que aposta por facer a edición de luxo que a obra merece: grande formato apaisado, papeis de diferentes testuras e gramaxes, impresión de calidade… En definitiva, un deseño moi coidado e á medida, que mereceu a mención especial na categoría de Non-Fición dos premios internacións da Fira del Llibre de Bolonya. Paisatges perduts de la terra móstranos a historia do noso planeta antes da aparición dos primeiros seres humanos, a partir das paisaxes descoñecidas e as transformacións que sufriron. O texto que acompaña ás imaxes de Bestard son extraídas da exposición permanente “Planeta vida” do Museu de Ciències Naturals de Barcelona.

 

♥ Kaid-Salah, Sheddad; Altarriba, Eduard. El meu primer llibre del cosmos. Barcelona: Joventut, 2020

Unha coleción de libros de coñecementos que, coa axuda das personaxes ficticias, o Dr. Albert e Alice, explican cuestións aparentemente complexas a persoas a partir de 9 anos, de forma máis detallada, clara e sinxela posíbel.  O autor é físicp e pedagogo, e conta coa forza e claridade da ilustración do hábil ilustrador Eduard Altarriba. Neste caso, propoñen un fascinante percorrido pola historia do Cosmos, desvelando algúns dos seus misterios máis populares. Pero, na coleción, tamén elaboraron obras sobre a Física Quántica, a Relatividade, ou ben, o Electromagnetismo- Un punto de partida excelente para achegarse.

 

Para todo o lectorado:

♥ Canosa, Oriol; Bueno, Cristina, il. Dracs, fades i gegants: segueix el rastre de les criatures fantàstiques del teu entorn. Barcelona: La Galera, 2022

Oriol Canosa, a parte de escribir fición, é autor de artigos e textos de carácter informativo onde destaca a súa capacidade de narrar de maneira rigorosa sen perder o ton fresco e áxil da súa prosa. Nesta ocasión, facendo tàndem con Cristina Bueno, que ilustra tamén xogando coa realidade e o humor, preséntannos unha obra que recolle as principais criaturas máxicas da mitoloxía catalana, coa vontade de manter vivo un patrimonio cultural que conviviu durante séculos. O sumario inicial do libro xa nos dá unha pista da estrutura da obra, que se nos presenta coma unha guía de campo dos seres máxicos, onde non só atoparemos o nome, tipoloxía e características das máis importantes, se non que coñeceremos aspectos básicos como a alimentación, os rastros, ou hábitats.

♥ Mestres, Apel·les. Liliana: Poema. Barcelona: ING, 2018

Liliana é un extenso poema publicado no 1907 que, en canto a tema, mantén a vixencia e remite a obras universais coma Somni d’una nit d’estiu. Esta é unha actualización de Teresa Duran que adapta o texto ás normas ortográficas actuais e faino cun léxico máis cercano. Liliana parte da ameaza do home sobre a natureza. Os nomos prometen defendela, pero pronto atopan diamantes, déixanse levar pola codicia e rompen o trato. Só tres nomos se manteñen leais á promesa até que aparece Liliana, unha muller da auga. Liliana trata, en forma de poema, a relación do home e o entorno, e a contradictoria condición humana. Unha obra de Apel·les Mestres, un artista polifacético e un emblema do modernismo.

♥ Ginard, Pere. Llibre de meravelles: inventari il·lustrat de gairebé totes les coses vives, mortes i imaginades. Barcelona: Libros del Zorro Rojo, 2023

Hai autores que se especializan en crear libros singulares, difíciles de catalogar, que rompen a monotonía do mercado editorial. Sería o caso de Pere Ginard, un creador tamén difícil de clasificar, que abre vías de exploración formais e visuais en cada nova publicación. O primeiro xogo que podemos facer con este Llibre de meravelles… é intentar facer unha definición: é unha libreta de apuntes, un inventario de obxectos, un libro para xogar ou pintar? É un libro de arte, de fición ou de coñecementos? Máis alá da definición, o libro de Pere Ginard é o exemplo perfecto de como un libro ofrece infinidade de miradas e de lecturas, e do placer que provoca, ás veces, enfrontarte a unha obra sen un narrador que te guíe e sen unha finalidade concreta.

 Plouen poemes! Vanesa Amat, M. Carme Bernal, Isabel Muntañá, ed.; il·lustracions de Morad AbselamVic: Eumo, 2019

Plouen poemes! é unha antoloxía de poesía catalana para crianzas, con moi  boa acollida entre as familias, escolas e bibliotecas. As editoras son unha mestra de primaria e dúas profesoras de maxisterio da Universitat de Vic. Desta proximidade ás aulas e da súa formación literaria, naceu esta escolla con máis de 130 poemas agrupados tematicamente. Os poemas pertencen a 46 autores, algúns de literatura para cativada e outros, para adultas, así coma producións da tradición oral, de maneira que se ofrece un abano moi amplio e ben seleccionado.Unha obra de calidade indubidábel para todas as idades e para compartir entre cativada e adultas.