O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Premio María Victoria Moreno 2023

Nee Barros, gañadore do III Premio María Victoria Moreno coa obra "Nom estamos quebrades"

Xa sabemos por fin cal é a obra gañadora do V Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil: “Nom estamos quebrades”, de Nee Barros Fernández e compartimos a nova con moita alegría na Culturgal Feira Industrias Culturais.

O xurado, formado pola libreira Luz Gallego “Nenuca”, a escritora Andrea Barreira Freije e a editora de Cuarto de Inverno Andrea Jamardo Seijo, destacaron da obra a súa calidade literaria, orixinalidade e frescura, a forza dos personaxes, o enriquecedor tratamento da amizade, a presenza da diversidade en múltiples aspectos cun tratamento respectuoso e empático e a pertinencia da banda sonora presente ao longo da proposta literaria… Orbil non perdeu a oportunidade de felicitar a Nee, a quen coñece desde que con catro anos viña ao Salón a participar dunha boa manchea de actividades.

Nee Barros, que ten agora 19 anos, manifestou que gañar este premio, cunha novela escrita en galego reintegrado e linguaxe non binaria, era un auténtico soño feito realidade polo cariño que, desde ben peque, lle ten ao Salón. Agardamos que este ano nos acompañe xa co seu libro na man! Parabéns ae autore premiade e a todas as persoas que nos achegastes as vosas obras a este certame! Desexando ler a obra!