O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

LIBROS PARA XOGAR! 

Xogar é unha cousa moi seria, lembra sempre Francesco Tonucci, e tantos e tantas docentes e pedagog@s que nos lembran que o xogo, igual que a lectura, é un motor de desenvolvemento cognitivo, emocional e social para nenos e nenas. Xogando a rapazada entende o que é  coñecer o outro, relacionarse, vivir en sociedade (xogos en equipo), ter que seguir unhas normas (os xogos regrados), mais tamén desenvolver a imaxinación, a fantasía, crear outros mundos posible que habitar real e simbolicamente.  A través do xogo, igual q a través das páxinas dun libro, a cativada achégase a si mesma, e ao mundo que a rodea. E foi precisamente unha cativa, o último día do SALÓN a que nos propuxo o tema da edición do vindeiro ano, O XOGO.

As persoas que traballamos con e para a infancia, sabemos que non hai mellores ideas que as que nos achegaun neno ou unha nena, e é precisamente esa ollada de crianza a que poñemos todos os días do ano para construírmos cada edición do Salón. E van xa XXIV. Facendo unhachiscadela ao gran escritor e pedagogo italiano Gianni Rodari, decidimos poñer de título a esta edición: LIBROS PARA XOGAR (en homenaxe á súa obra “Tante storie per giocare”)

Como imaxinades, con este tema o Salón vai dar, nunca mellor dito, moito xogo. Esta nova convocatoria, sendo moi lúdica, non perderá a perspectiva de que o libro e a lectura serán o centro de todo (cos libros, coas palabras, coas imaxes pódese xogar arreo).

Xa temos as datas: do 21 de abril ao 7 de maio de 2023. Temos o país convidado: Colombia, co que estamos xa traballando para tecer redes, cruzar pontes e buscar sinerxias e intercambios culturais. Colombia foi unhaalternativa que sempre estivo no horizonte como país convidado no Salón, pola experiencia magnífica etransformadora que se fixo a nivel social a partir dos libros e da lectura, principalmente nos barrios máisdesfavorecidos das ciudades. Todo un exemplo de como a cultura pode mudar un entorno, afastar a violencia econtribuir a unha cidadanía máis formada, máis libre e máis feliz. Estamos establecendo relación con distintas institución colombianas para traer un petisco da súacultura, da súa literatura. E tamén unha maneira de recoñecer a todas as persoas de Colombia que viven en Pontevedra, que convidamos a participar e amosarnos a súa cultura, música, gastronomía… Pontevedra de ler e de beber a quen pasa pero tamén é unha vila á que llegusta enriquecerse do que a xente que vén de fóra e dedcidiu quedar quere compartir con nós.

E  temos os autores homenaxeados desta edición. Como escritor, ben coñecido por vós, decidimos homenaxear a Manuel Lourenzo González, que ademáis de ser escritor ben coñecido e recoñecido, foi profesor en Pontevedra durante moitos anos e, ao tempo, tivo unha vinculación moiespecial co Salón, xa que o dirixiu durante uns anos. Moitos e moitas lembramos as súas magníficas exposición de obxectos cotiás que se volvían marabillosos coas súaspalabras e a súa fantasía.

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) élicenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Foi un gran activista cultural desta cidade, ademáis do Salón dirixiu a asociación cultural MaioLongo, a ASPG, a Semana da Educación… Como escritor, publicou libros de relatos e novelas para adultos, xuntocunha significativa obra para o público infantil e xuvenil. Libros como Tanis e o mocos, Animais de Compañía,  Irmán do vento ou  Ceiba de Luz, co que gañou o Jules Verne de narrativa xuvenil, son ben coñecidos pola rapazada da nos acidade (e do resto do país). Levou os premios máis importantes da literatura galega, o Merlin, o Xerais, o Blanco Amor, o García Barros… e era boa hora de renderlle homenaxe xa no Salón.

Xa desde hai dous anos decidimos recoñecer a traxectoria de ilustradores e ilustradoras, que comezamos con Kiko Dasilva, logo con  Xosé Cobas e este ano decidimos homenaxear a unha das primeiras mulleres ilustradoras en Galicia, Maife Quesada. Formou parte dese grupo inicial de creadores plásticos que se puxeron a ilustrar libros en galego nos anos 80, cando a nosa rapazada non tiña a penas obras na nosa lingua. Máisde catro décadas contando historias cos seus debuxos, esta zamorana de nacemento pero galega de adopción e de corazón, será a encargada de encher de cores o salón coas súas ilustracións. Seleccionada como unha das mellores ilustradoras españolas na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava, recibiu tamen distintos recoñecementos pola súa obra, preto dun cento de contos infantís e xuvenís, e de máis dunha decena de libros de texto. Foi declarada socia de Honra de Galix  e deixounos obras tan entrañables como “Quen me quere adoptar” cotexto de Fina Casalderrey, que foi galardonada co White Ravens pola biblioteca de Munich como entre os mellores libros do mundo. Di que aprendeu de seu pai, o pintor Antonio Quesada, a emocionarse co seu traballo e a non lle ter medo ao risco.