País convidado
Palestina
Este ano decidimos poñer Palestina no foco, con distintas actividades literarias, musicais e reivindicativas, amosando a cultura dun país que segue a ser destruído.
Haberá achegas solidarias con entidades como Pontevedra por Palestina, Galiza por Palestina, UNRWA ou Creart, que traballan directamente coas familias do país. E coa mostra Heart of Gaza achegarémonos á ollada das crianzas, vítimas invisibles de todas as guerras. A recadación da billeteira dalgunhas actividades deste programa destinarase a axudar as familias de Gaza.