Programa 2023
Horario do Salón do Libro
- De luns a xoves: de 17.00 a 20.00 h
- Os venres: de 17.00 a 20.30 h
- Os sábados e domingos: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h
- Domingo 23 de abril, Día do Libro, aberto todo o día: de 11.00 a 20.30 h
- Luns 1 e martes 2 de maio: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h
Información das actividades
- Se xa sabes que vas vir ao Salón, para algunhas actividades de balde como os obradoiros e algunhas destinadas a bebés, haberá prazas que podes RESERVAR previamente a través da nosa web. Para facelo entra no apartado PROGRAMA 2023 e escolle (actívase ás 17.00h do día 13 de abril), dentro do calendario, a actividade desexada. Unha vez dentro, preme no apartado RESERVAR ENTRADA, escolle o número de prazas que desexas e dálle ao botón de CONFIRMAR RESERVA. Ollo! Se non dás a CONFIRMAR, non se fai efectiva. Logo recibirás un correo electrónico de confirmación.
- Se non tes claro que día te achegarás ao Salón, non te preocupes! As actividades terán prazas dispoñibles que poderás reservar o propio día do evento. Achégate 5 ou 10 minutos antes do comezo ao espazo onde se celebre e pregunta ao noso monitorado.
- As actividades con inscrición por correo-e (os roteiros) celebraranse fóra do espazo do Salón. Cómpre inscribirse nos enderezos electrónicos facilitados neste programa.
- Para o resto de actividades como os obradoiros dos días de entre semana (de luns a xoves) ou as sesións de contos na Biblioteca e Recinto Feiral non é necesaria a inscrición previa. Haberá prazas dispoñibles por orde de chegada e ata completar a capacidade do espazo.
Calendario de actividades