O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Convocatoria de envío de portfolios para ilustrador@s galeg@s

Seguindo a liña dos tres anos precedentes, o cartel da XXV edición do Salón, que terá como temática A MAXIA e que se celebrará do 1 ao 15 de marzo de 2024, realizarase en base a unha selección de portfolios de ilustradoras e ilustradores galegos que desexen candidatarse para a creación do mesmo.

As persoas que decidan candidatarse terán que enviar un dossier en formato PDF cunha selección de entre 10 e 30 ilustracións recentes e un breve CV onde se indique lugar de nacemento e lugar de residencia actual. Se o portfolio excede os 6 megapixels, deberase achegar o documento a través de enlace de descarga de wetransfer ou servizo similar.

A recepción de propostas comezará o día 8 de novembro de 2023 ás 18.00 h e pecharase o día 26 de novembro de 2023 ás 23.59 h. A achega de portfolios será ao email: salondolibro@pontevedra.gal

Poderán candidatarse ilustradores e ilustradoras galegas, e tamén profesionais da ilustración doutra procedencia que residan e realicen a súa actividade profesional en Galicia.

Un equipo de traballo formado por especialistas do ámbito da ilustración, literatura infantil e xuvenil, deseño gráfico e da comunicación visual escollerán unha única proposta. Dos dossieres recibidos valorarase a calidade técnica, compositiva, a adecuación ao público infantil e xuvenil das obras, o universo creativo d@ artista e a potencialidade do seu traballo, independentemente da súa traxectoria previa. Terase en conta a orixinalidade e a capacidade comunicativa do conxunto do seu traballo.

Os resultados da deliveración publicaranse nas páxinas web: www.pontevedra.gal e www.salondolibro.gal

A persoa seleccionada será contactada vía e-mail e/ou telefónica e terá un máximo dun mes, a partir do momento de comunicación, para presentar a súa proposta de cartel, adaptado ao modelo base, cun tamaño de arquivo 40×60 cm (con 3 mm de sangrado por cada lado), Formato: TIFF. Resolución: 600 ppp. Modelo de cor: CMYK.

Antes de entregar a ilustración final, a persoa seleccionada proporcionará á organización do Salón un  ou varios bosquexos do cartel, que terá que ser aprobado pola dirección artística do Salón. A ilustración resultante deste proceso será a imaxe do cartel da edición de 2024 do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

A persoa seleccionada terá que realizar e entregar o documento final co cartel rematado e previamente aceptado pola dirección artística do Salón. Recibirá, por esta encarga de traballo, a cantidade de 3000,00 € brutos, que abonará o Concello de Pontevedra a través do Servizo de Infraestruturas Culturais, despois de recibir a factura correspondente.