O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Cartel gañador 2023

IMG_7871
O nigranés Iván Rodriguez foi o ilustrador escollido para facer o cartaz do XXIV Salón do Libro no que os libros para xogar son os protagonista, logo de seleccionar o seu portfolio de traballos entre máis de 60 ilustradores/as galegos/as ou afincados en Galicia que achegaron as súas propostas.

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá o cartaz do XXIV Salón do Libro “Libros para xogar” acompañada polo seu autor Iván Rodríguez. Rodriguez foi seleccionado entre 60 ilustradores/as galegos/as ou afincados en Galicia que achegaron os seus portfolios.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, salientou “o importante peso que lle damos ao cartaz na medida na que cremos que a ilustración é unha das patas sobre as que se edifica o Salón, a literatura infantil e tamén unha parte da literatura para adultos.  Nos últimos anos empregamos varias fórmulas para seleccionar pero esta última, en contacto cos profesionais da ilustración é a que máis beneficia ao sector. Consiste na recepción de portfolios entre os que un xurado profesional, escolle quen será o deseñador/a. Estamos encantadas da alta participación, xa que desta volta recibimos 60 propostas. É unha encarga moi atractiva, xa que o cartaz ten moita visibilidade e logo é algo ao destacar no seu CV. Estamos encantadas de que o xurado especializado escollera a un ilustrador como Iván R., cunha ampla traxectoria como ilustrador no mundo da literatura, a publicidade e incluso a moda, que xa traballou en algunha edición do Salón impartindo obradoiros, e soubo captar moi ben o que queríamos mostrar”

Pola súa parte Iván quixo agradecer ao xurado e a organización que contaran con el para dar imaxe ao Salón,  no que xa participara doutro xeito: “O tema do xogo, nunca mellor dito, daba moito xogo como temática á hora de crear o cartel. Tivén en conta varias cousas como representar gráficamente un xogo, sintetizando das formas e cores e pensei que as pezas de madeira de cores, de construcción de cando eramos máis novos representaban moi ben esa idea. Logo traballei para unificalo coa lectura que, mediante a interacción coas pezas, representa os pequenos universos que se crean cando lemos un libro. Empreguei cores primarias por considerar que son máis efectista á hora de ver o cartaz de lonxe tamén.  Foi unha experiencia xenial facer este traballo, estou moi contento co restultad e penso que a xente da organización penso que tamén”

01_cartel_salon_2023 copia_SENQR