O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Premio María Victoria Moreno 2021

Convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa editora Cuarto de Inverno

Bases da IV Edición do certame:

Primeira: Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e
cunha extensión máxima de 250.000 caracteres 

Segunda: Os orixinais presentaranse en formato .PDF, gravados nun CD ou nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4,
en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo.
Irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade da persoa autora (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior «IV premio de literatura Xuvenil María Victoria Moreno» e o
título ou lema da mesma. 

Terceira: O prazo de entrega será desde o día 1 de maio, aniversario do nacemento de María Victoria Moreno, ata o día 30 de xuño de
2021 e os orixinais deberán ser enviados ao Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra. 

Cuarta: As Bases Reguladoras serán as dispostas na Ordenanza Xeral de subvencións do Concello de Pontevedra aprobada polo Pleno municipal de data 17 de setembro de 2004, e publicada nol BOP de Pontevedra nº 190 de data 20 de setembro. 

Quinta: O Xurado estará composto por unha persoa representante da familia de María Victoria Moreno, unha persoa representante do
Concello de Pontevedra e unha persoa representante de Cuarto de Inverno. 

Sexta: O fallo do Xurado terá lugar en Pontevedra durante o mes de setembro. 

Sétima: A obra gañadora será premiada coa publicación do libro e 4.000 euros que abonará o Concello de Pontevedra. Cuarto de Inverno, mediante contrato privado coa persoa autora, será a encargada da edición e publicación da mesma en lingua galega sendo a titular dos dereitos durante os seguintes cinco anos á concesión do premio. A persoa beneficiaria do premio, recibirá gratuitamente 20 exemplares da obra publicada e terá dereito a unha participación proporcional nos ingresos derivados da explotación da obra. 

Oitava: Serán por conta da persoa premiada todos os impostos que graven a percepción do premio.
De conformidade coa vixente lexislación española, o premio obxecto deste Concurso estará, suxeito a retención do IRPF, que será asumido pola persoa gañadora. As demais repercusións fiscais que a obtención do premio teña na fiscalidade da persoa premiada, será por conta desta, polo que o Concello de Pontevedra queda exonerado de calquera responsabilidade ao respecto. Os pagamentos realizaranse contra documento fiscalmente recoñecido en calquera dos tres idiomas seguintes: galego, castelán ou inglés. 

As entidades convocantes resérvanse o dereito a publicar, xunto co fallo, os lemas das obras finalistas cuxa publicación recomendase o Xurado, mais sen abrir a plica, para respectar así o seu anonimato. As persoas autoras das obras mencionadas que así o desexen, poderán pórse en contacto con Cuarto de Inverno para trataren o tema da publicación a través do mail info@cuartodeinverno.com 

Novena: Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto. 

Décima: Os orixinais que non resulten premiados serán devoltos as persoas autoras dos mesmos no caso de o requiriren por correo electrónico a info@cuartodeinverno.com antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.

Undécima: A participación neste premio implica a aceptación incondicional das súas regras, así como o recoñecemento da decisión final do xurado como irrevogable.