Programa 2024
Horario do Salón do Libro
- De luns a venres: de 17.00 a 20.00 h
- Os sábados e domingos: de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h
Información das actividades
Se xa sabes que vas vir ao Salón, para algunhas actividades de balde como os obradoiros e algunhas destinadas a bebés, haberá prazas que podes RESERVAR previamente a través da nosa web. Para facelo entra no apartado PROGRAMA 2024 e escolle (actívase ás 17.00h do día 20 de febreiro), dentro do calendario, a actividade desexada. Unha vez dentro, preme no apartado RESERVAR ENTRADA, escolle o número de prazas que desexas e dálle ao botón de CONFIRMAR RESERVA. Ollo! Se non dás a CONFIRMAR, non se fai efectiva. Logo recibirás un correo electrónico de confirmación.
Cada martes ás 17 00 h activarase a reserva de entradas da semana seguinte.
Será do seguinte xeito:
- O martes 20 de febreiro de 2024 activarase a reserva de entradas que vai ata o martes 5 de marzo.
- O martes 5 de marzo de 2024 activarase a reserva de entradas que vai ata o 12 de marzo.
- O martes 12 de marzo de 2024 activarase a reserva de entradas ata o último día de Salón.
Se non tes claro que día te achegarás ao Salón, non te preocupes! As actividades terán prazas dispoñibles que poderás reservar o propio día do evento. Achégate 5 ou 10 minutos antes do comezo ao espazo onde se celebre e pregunta ao noso monitorado.
As actividades con inscrición por correo-e (os roteiros) celebraranse fóra do espazo do Salón. Cómpre inscribirse nos enderezos electrónicos facilitados neste programa.
Para o resto de actividades como os obradoiros dos días de entre semana (de luns a xoves) ou as sesións de contos na Biblioteca e Recinto feiral non é necesaria a inscrición previa. Haberá prazas dispoñibles por orde de chegada e ata completar a capacidade do espazo.
Todas as actividades comezarán de maneira puntual. Agradecémosche que chegues un pouco antes da hora para poder acceder. Consulta o programa, escolle as actividades e espectáculos do teu interese e vén ao Salón!
Calendario de actividades