O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Residencia artística

II convocatoria de residencias artísticas do Salón:
I Laboratorio Creativo con @GalponLab

laboratorio instagram logo negativo

O Laboratorio Creativo de O Galpón Lab será un encontro entre artistas que terá lugar na cidade de Pontevedra e invitará
a toda a cidadanía a ser partícipe. Este proxecto ten como obxectivo crear unha experiencia creativa en torno a arte urbana empregando as caixas de electricidade como soporte, facendo participe a artistas, cidadania e rapazada. Esta proposta busca xerar un diálogo entre artistas dentro da cidade seguindo as orixes da arte urbana clásica dunha forma renovada.
Esta actuación desenvolverase na semana do luns 24 ao 30 de abril, dentro do marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil XXIVde 2023 que este ano ten como temática o xogo, por iso partimos da idea de que as persoas participantes crearan o seu propio xogo, as súas propias normas e daran renda solta a sua creatividade sen impoñer límites. Polo que só nos queda dicir: Artistas da Galiza, vides a xogar connosco?

1. Destinatarios/as: A convocatoria está orientada a todo tipo de artistas e creadoras/é profesionais e emerxentes con prácticas que poidan ser adaptadas para a pintura ou intervención nos espazos de mobiliario urbano dispoñibles para o I Laboratorio Creativo. Deben ser maiores de idade e residir en Galicia para poder participar.2. Solicitude:A solicitude farase mediante o formulario online dispoñible aquí. Deberá incluír:

– Datos persoais

●- Breve currículo artístico

● -Ligazón a traballos previos


●- Razóns polas que quere participar.
A entrega da proposta ten como data límite o 7 de abril de 2023.
Só admitirase unha solicitude por artista
3. Criterios de selección e resolución:Un xurado integrado por membros da asociación Ou Galpón Lab elixirá aos 2 artistas que participarán. Os resultados da selección daranse a coñecer antes do 18 de abril de 2023.

Criterios de valoración: •

 Orixinalidade
• Calidade artística
• Viabilidade

• Coherencia coa proposta

4. Premio:As persoas seleccionadas para participar no I Laboratorio Creativo serán premiadas en metálico cun importe de 500€ para cada unha, suxeitos aos correspondentes impostos e retencións e se percibirá ao finalizar a estancia.Ademais o premio incluirá o aloxamento,

a manutención durante os 7 días que dura a estancia ademais do transporte dentro de Galicia para chegar a Pontevedra,
que correrán por conta da organización. Proporcionarase aloxamento nun albergue da cidade, que contará con cociña dispoñible para o seu uso.

5. Compromisos da organización:• Organizamos a realización das intervencións dos artistas seleccionados.*• Garantimos que os artistas poidan executar a súa obra libremente sen que se vexan limitados respecto a a temática e/o execución artística.• A organización proporcionará dos materiais necesarios para realizar a obra así coma da formación e o apoio para desenvolver o proxecto.• A organización comprométese a dar difusión a todas as intervencións artísticas realizadas mediante as súas canles de comunicación.

6. Responsabilidades dos artistas• Os artistas deberán realizar a súa intervención unicamente nos espazos concretados pola organización e só durante as datas establecidas pola organización, non estendéndose a muros, fachadas ou outros elementos.• Durante a estancia, espérase que as persoas seleccionadas traballen conxuntamente na obra e esta levaráse acabo no tempo e forma establecidos.• As/os artistas cederán os dereitos non-exclusivos de reprodución das súas obras con atribución realizadas durante o I Laboratorio Creativos, tanto a O Galpón Lab como a Concello de Pontevedra, para a súa posible reprodución impresa ou dixital con fins de comunicación e difusión.• O envío da solicitude para a participación no I Laboratorio Creativo implica a aceptación das bases da convocatoria.Esta iniciativa de O Galpón Lab xunto con O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, co obxectivo de potenciar a creación artística en Pontevedra dunha maneira aberta e participativa e de animar a todas cidadanía a gozala.Para consultas ou dúbidas sobre a convocatoria, contácta connosco en: info@galponlab.com.*A organización resévase o dereito para suspender, aprazar ou cancelar a presente mostra en calquera momento anterior ao comezo da mesma, sempre que existan causas que así o xustifiquen, así como a modificar as presentes bases, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións, suspensión, aprazamento ou cancelación, no seu caso.

7. Participación e aceptación de basesA participación neste evento implica a aceptación sen reservas destas bases e das decisións da organización en canto á resolución de calquera cuestión derivada do presente evento. As presentes bases aparecen recollidas e dispoñibles ao público.