O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Martes 5 de marzo

A quen non lle gusta un contiño? E cando digo conto falo dos dos libros de cores, dos albumes ilustrados… pero tamén da tradición oral, das historias dos avós e avoas. Eses que falan doutros tempos, de animais fantásticos, de bruxas e menciñeiras. Pois de todos eses tipos de contos escoitou hoxe a rapazada que pasou a mañá con Raquel Queizás e Migallas Teatro dos CEIPS Campolongo, Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro, CPI Toural de Vilaboa e CEE Pontevedra.E se xogamos a cambiarlle a trama a un conto? E se, como se fose cousa de maxia no conto de Carrapuchiña temos, no canto do lobo 🐺, unha dinosauria chamada “Pepita Huesitos”?

Unha das actividades que máis nos prestan no Salón son os encontros do lectorado cos autores e autoras. Esta mañá achegáronse ao Pazo de Cultura a rapazada dos clubs de lectura do IES Luís Seoane, do IES Xunqueira I e do IES Xunqueira II para falar con Carlos Negro sobre a obra “Penúltimas tendencias”. Compartiron poemas, reflexións sobre estereotipos de xénero e ata un anaco de chocolate para gozaren da poesía con saber doce na boca.

Esta mañá tivemos uns visitantes moi especiais, Caxoto e Marc Taeger, dous pintores moi divertidos pero un chisco trapalleiros que nos achegaron, con palabras e imaxes, unha chea de historiais coas que escachamos de risa. Pola tarde repetiron función na Biblioteca do Salón.

Pois iso foi precisamente o que fixemos no obradoiro “ Papatís Patatás este final cambiarás” do monitorado do Salón. Foi divertidísimo! A imaxinación dos nenos e nenas que nos visitan é fantástica!

Esta tarde no Salón pasou algo excepcional! Fomos testigxs dunha xuntanza de druídas e dryades!

Xuntxs reuniron os ingredientes máxicos, para facer cadansúa apócema e conxurar, así, os feitizos máis sorprendentes: luns sen cole, recreos interminables, máis tempo cos videoxogos… Foi no taller impartido por Kairós e pasámolo xenial!

Estes seres máxicos saben ben o que é un bo conxuro, eh!

Visitas escolares

Hoxe recibimos na primeira quenda unha visita moi especial de alumnado do CEE Pontevedra e tamén dos centros colaboradores de Campo Lameiro e Ponte Caldelas – os CEIPs Pedro Antonio Cerviño e Cordo Boullosa respectivamente.

Na segunda, tivemos cativada de infantil do CEP Campolongo e primaria do Álvarez Limeses. A de apertas que repartiu Orbil!!

Compartir esta entrada