O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Luns 4 de marzo pola tarde

#ESTREA

A nosa amiga Queliña achegou as historias de moitas mulleres magas que, aínda que descoñecidas, habelas hainas. Falounos das irmás Fox, que foron moi famosas nos Estados Unidos porque seica podían falar cos mortos (ou iso pensaba a xente, xa que logo recoñeceron que non era tal, que todo nacera dunha brincadeira). Tamén puidemos coñecer a historia de Lulu Hurst, que foiu coñecida como a “moza magnética” pola súa forza sobrehumana. Tivemos, na sesión, raios, tronos e libros máxicos. Se queredes saber de máis magas, podedes vir esta tarde ao Salón, xa que teremos este espectáculo tamén para o público familiar.

A de cousas máxicas que podemos facer cunha pouca de imaxinación, lápiz, tesoiras e… unha lanterna!! O monitorado do Salón ideou un obradoiro xenial no que debuxamos e recortamos as nosas personaxes e nun lugar escuro, axudados dun punto de luz, proxectamos sombras máxicas na parede e contamos historias.

Compartir esta entrada