Montse Pena Presas e Rosalía Fernádez Rial, diálogo arredor de Xela Arias
Seguimos de faladoiros literarios. Hoxe, na Libraría Paz, tivemos a Montse Pena Presas a presentar a súa biografía literaria sobre Xela Arias “Intempestiva” (Falamos de Libros). Nun diálogo enfiado coa poeta Rosalía Fernández Rial fixemos unha viaxe literaria e musical ben xeitosa pola vida e obra da poeta homenaxeada nas Letras Galegas. Un luxo para a fin desta xornada!