O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Recepción á cultura convidada Euskal Herria

Como ben sabedes este ano a cultura convidada é Euskal Herria. O venres 11 á mañá, de xeito previo á inauguración Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura Carme Fouces Díaz recibiron á delegación que nos acompaña dende o xoves. A directora da Unesco Etxea Nieves Fernández Vicente e en representacion do proxecto educativo Zumaiena, do que falaron na primeira xornada do Congreso de Mediación Lectora, o director Isaak Aramberri Aguirre, a coordinadora e profesora de educación infantil Edurne Aizpurua Mendizabal e a ccordinadora do grupo motor de innovación pedagóxica Raquel Benítez Benitez.

Coñeceron a cidade da man de coordinadora estatal das Escolas Unesco, a pontevedresa Luisa Márquez e diso falaron durante o encontro: do espazo público cedido a peóns e cativada, da redución de emisións e do cambio levado a cabo polo goberno local nos últimos 22 anos.

Tamén da importancia do intercambio de culturas – e de agasallos ☺️– e desta oportunidade de colaboración que de seguro, terá continuidade no tempo. Como non, falaron de proxectos culturais como Noites Abertas, Local de Música e sobre todo do Salón, que chega este ano á XXIII edición.

Maria Zarate,Ana Apika, Concha Pasamar, Txabi Arnal ou Títeres Babaluva, intervirán nos próximos días con diferentes actividades que podedes consultar no programa 📖.

Compartir esta entrada