O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

IV Congreso Internacional de Mediación Lectora

A primeira xornada do congreso comezou de luxo con Xosé Cobas, o noso ilustrador homenaxeado. Na súa intervención desvelou as claves do seu proceso creativo.

Continuamos a tarde escoitando a Laura Romero, unha artista multidisciplinar que combina a música e a ilustración para explorar novos universos narrativos. Laura aprendeunos dez formas de achegar a creatividade ás crianzas a partir dos libros.

Os nosos amigos do Museo do Videoxogo (MUVI) amosaron como os videoxogos tamén son arte e poden dar moito xogo -nunca mellor dito- dentro da aula. Da nosa cultura convidada, Euskal Herria, tivemos a experiencia de Zumaiena Ikastxea, unha escola que ten a creatividade como centro do seu currículum.

Neste comezo de congreso tivemos unha manchea de experiencias inspiradoras e creativas.
E iso só na primeira xornada!

IV Congreso Internacional de Mediación Lectora

Compartir esta entrada