O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Arte para mudar o mundo

Unha colaboración do Salón coa Rede de Escolas Asociadas da Unesco

Non se nos ocorre mellor maneira de empezar o Salón que compartido con vós un traballo no que levamos xa uns meses, en colaboración con Luisa Márquez e Rede de Escolas Asociadas da Unesco. Nenos e nenas, mozos e mozos de México, Angola, Arxentina, Croacia, Macedonia, Cuba, Portugal e dentro do Estado de Canarias, Aragón, Euskadi, Galicia e Comunidade Valenciana amosaron como a través da arte podemos coñecer outras culturas do mundo. Recibimos un total de 60 propostas, unha boa ocasión para retomarmos encontros (aínda que virtuais), proxectos  e ilusións, de facermos unha festa arredor dos libros a a lectura, de reflexionarmos sobre como cos libros e a arte podemos escribir e pintar o mundo, loitar contra as inxustizas e parar todas as guerras.

Velaquí os seus traballos:

ARTE PARA COÑECER E MUDAR O MUNDO