Revolución na granxa!

O obradoiro de Revira Volta foi máxico. Empezamos escoitando o conto de ‘A vaca que puxo un ovo’. Unha historia moi simpática na que as galiñas, nunha mostra de amizade e solidaridade, axudan á vaca Maca a sentirse máis segura de si mesma e capaz de todo: ata de poñer un ovo!! Imaxinade a revolución que na granxa se formou!!! E como de revolucións vai a cousa, tocamos tamén a científica, facendo un experimento moi chulo tinguindo ovos con colorante alimentario, auga e vinagre.