A realidade aumentada dá moito xogo e… moita risa. Que llo pregunten á cativada dos “coles” Marcos da Portela e Cabanas-Salcedo que hoxe participaron no obradoiro “Aumentando o humor” de Ceo Aberto.  Primeiro coñeceron varias aplicacións, entre elas a “Quiver”, e despois, de xeito práctico, comprobaron o que pasaba cando escaneaban as imaxes e debuxos aos que lle deran cor. Semellaban estar vivas! Quen dixo que a tecnoloxía non podía ser creativa e divertida?