Orbil, listo para dar a benvida!
Cada día é unha festa na entrada do Pazo da Cultura. Orbil é o mellor anfitrión e cada mañá recibe emocionado na portas aos escolares que chegan ao Salón para participaren nos seus contacontos e obradoiros e percorreren, guiados polo monitorado o mundo máxico dos libros. Hoxe visitáronos as nenas e nenos dos CEIP Os Sauces, Cabanas-Salcedo, Crespo Rivas e Marcos da Portela. No comité de benvida, o monitorado sempre cun sorriso nos beizos. Son o máis!