Vermú musical con acento italiano
O Salón trasladouse no día de hoxe ao centro histórico da cidade cunha proposta gastro-lúdica para todas as idades: un vermú musical. A chuvia (máis ben poalla) non nos desanimou para gozarmos do vermú italiano no Pavero Bar. Houbo músicas, bebidas e petiscos italianos para achegarnos en boa compañía, ao noso país convidado. Os cans tamén se animaron e pola cara que poñían algúns, ben que lles gustaron as focaccias!