O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Centros de ensino

Estimad@s amig@s docentes, velaquí andamos un ano máis no Salón. Como xa vos anunciamos, as datas desta XXIV edición do Salón serán do 20 de abril ao 7 de maio de 2023.

A temática escollida foi LIBROS PARA XOGAR. ALITERATURA E O XOGO, un tema proposto por unha rapaza o último día da edición anterior do Salón.

Traballaremos o xogo como lecer, como forma de representar o mundo, como punto de partida para desenvolver a imaxinación e a fantasía, mais sempre sen afastarnos da literatura. Tedes a bibliografía remitida por Gálix nesta mesma páxina web, por se vos serve de apoio e axuda,

Como país convidado este ano teremos a Colombia: autor@s, ilustrador@s, cultura, lingua, gastronomía… Pensamos que o Salón é unha maneira de tender pontes coas culturas de todas as partes do mundo.

@s autor@s homenaxead@s serán: o escritor da Boa Vila, moi querido polo Salón: Manuel Lourenzo González e a unha das ilustradoras pioneiras da LIX galega: Maife Quesada. Tedes máis información destas dúas figuras nesta mesma páxina web, no apartado “Libros para xogar”.

Como todos os anos precisamos, así mesmo, que mediante o formulario que vos achegamos  manifestedes o voso interese de participación antes do 22 de DECEMBRO e nolo acheguedes ao email: escolares.salondolibro@gmail.com

Quedamos ao vosi dispor para calquera proposta ou suxestión que nos queirades facer. O Salón facémolo entre tod@s!