#CULTURA SEGURA #Salón seguro
NORMATIVA DE ACCESO AOS ESPAZOS DO SALÓN DO LIBRO ANTE A ALERTA SANITARIA MOTIVADA POLA COVID
En aplicación das normativas sanitarias en vigor e o plan de continxencia aprobado polo Concello de Pontevedra en relación aos espazos do Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral e para o evento do Salón do Libro en concreto, as persoas que asistan calquera actividade do mesmo, independentemente da súa ubicación, deberán aceptar e cumprir a seguinte normativa:
- É obrigatorio o uso de máscara (en maiores de 6 anos) en todo momento, o uso de hidroxel no momento de acceso e cando a actividade e o monitorado o requira, o cumprimento permanente da normativa en cuestións sanitarias e de seguridade e das indicacións das locucións, da equipa de monitorado e demais persoal responsable.
- En base ao anterior, non está permitido comer dentro das instalación e durante os espectáculos e actividades.
- O público non deberá permanecer parado en zonas de tránsito, manterá sempre a distancia de seguridade e evitará agruparse. No caso do espectáculos no Auditorio, Salón de Actos ou Illa do Covo, minimizará os desprazamentos unha vez instalado na cadeira asignada.
- Agradecemos un uso responsable dos aseos e, no caso de ter que empregalos, é preciso facelo cumprindo as normas ao respecto e o aforo apuntado para o interior dos mesmos.
- Dado o aforo reducido do que disponemos, o número máximo de entradas que unha mesma persoa pode reservar é de 4 para os espectáculos do Salón de Actos, Auditorio do Pazo e Illa do Covo e de 2 para os obradoiros. No momento da “compra” deben facilitarse os datos da persoa adulta responsble e os de todxs xs asistentes/participantes.
Do mesmo xeito, se finalmente deciden no asistir, agradecemos contacte con nós para poñer as entradas á disposición do público. - Non poderá cambiar o asento asignado na reserva con outra persoa en ningún momento por motivos de seguridade do COVID-19, nin ocupará unha cadeira diferente a asignada.
- O acceso aos espazos e ,no caso de patios de butacas, ás localidade pre-asignadas debe facerse seguindo as instrucións do persoal da sala para evitar aglomeracións. Igualmente a saída, que se fará de xeito ordenado.
- Se ten síntomas compatibles con COVID-19 ou estivo en contacto cun caso confirmado nos últimos 14 días, non acceda ao noso centro, íllese na casa e contacte co seu centro de saúde máis próximo.
- Sendo o a normativa COVID, as retricións derivadas da mesme e polo tanto os aforos, revisados semanalmente polas autoridades sanitarias, non podemos garantir que non haxa modificacións que afecten ao desenvolvemento do evento, polo que agradecemos permanezan atentos ao seu mail/teléfono por se hai variacións.
Agradecemos a súa colaboración e responsabilidade no cumprimento destas normas. Grazas a vós, a cultura é segura.