O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

UN CARTEL CON MOITA ARTE

Xa temos cartel para a XXIII edición do Salón!

Bea Gregores, ilustradora

 Bea Gregores, como xa vos anunciamos, foi a ilustradora encargada de facer o cartel do Salon do Libro na edición de 2022. Gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, como o Primeiro Premio La Palabra Pintada, categoría artista nova, e o Primeiro premio Xuventude Crea na sección de Banda Deseñada, foi escollida entre un total de 39 propostas de portfolios recibidos, seguindo o camiño iniciado o ano pasado no Salón de facermos un chamamento a creadores e creadoras galegas a enviar os seus dossiers de ilustración para candidatarse a facer o cartel“.

A ilustradora viguesa ten un vínculo moi estreito con Pontevedra, por ter estudado na Boa Vila Belas Artes e posteriormente o Mestrado de Ilustración e Animación Audiovisual. Segundo manifestou a ilustradora, “A arte, a creatividade, tema do Salón deste ano, están moi vinculadas ao meu traballo. No cartel que realicei tentei transmitir todas as ramas da arte, literatura, escritura, música e todo do que poderemos gozar no Salón. Agardo que vos guste!”.

A nós encántanos, e a vós?

Velaquí tedes os carteis dos catro últimos anos. Hai ou non moita arte no Salón?