Premio María Victoria Moreno

Convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa editora Cuarto de Inverno

1.- OBXECTO

O Concello de Pontevedra establece esta convocatoria de premio co fin da dinamización e fomento a lectura e a promoción do uso do idioma galego como unha actividade de interese social.

As presente bases teñen por obxecto regular o procedemento da concesión do V Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno que se vai celebrar durante o ano 2022.

2.- RÉXIME XURÍDICO

A concesión do premio obxecto das presente bases rexeranse polo disposto na Ordenanza xeral reguladora das subvencións do Concello de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do 17.09.2004 (BOP no 190 do 30.09.2004), pola Lei 38/2003 de 17 de novembro, xeral de subvencións, polo Regulamento que desenvolve a anterior, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 17 de novembro, e pola Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, e demais normativa de aplicación.

3.- CRÉDITO ORZAMENTARIO

Para a concesión do premio obxecto desta convocatoria, destinarase o crédito global de 3.000 € que se imputará á aplicación orzamentaria 09.3342-48100 do orzamento de gastos do exercicio 2022.

4.- PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán participar no V Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno, calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres.

5.- PROCEDEMENTO E REQUISITOS

Os orixinais presentaranse en formato PDF, gravados nun CD ou nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4, en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo. Irán acompañados dun sobre pechado que conterá a identidade de persoa autora (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico, unha fotocopia do seu NIF e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior «V Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno» e o título ou lema da mesma.

6.- INSCRICIÓN

As persoas que participen no concurso deberán, así mesmo, adxuntar  o modelo de inscrición no certame, impreso e asinado. O devandito modelo pódese descargar AQUÍ

O prazo de inscrición para participar no concurso será dende o día seguinte á publicación das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, ata 45 días naturais despois da devandita publicación, e os orixinais deberán entregarse no:

 Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra.

7.- XURADO CUALIFICADOR

O Xurado estará composto por unha persoa representante da familia de María Victoria Moreno, unha persoa representante do Concello de Pontevedra e unha persoa representante de Cuarto de Inverno.

O fallo do Xurado terá lugar en Pontevedra durante o ano 2022.

8.- PREMIO

A obra gañadora será premiada coa publicación do libro e 3.000 € que abonará o Concello de Pontevedra. Cuarto de Inverno, mediante contrato privado coa persoa autora, será a encargada da edición e publicación da mesma en lingua galega sendo a titular dos dereitos durante os seguinte cinco anos á concesión do premio. A persoa beneficiaria do premio, recibirá gratuitamente 20 exemplares da obra publicada e terá dereito a unha participación proporcional nos ingresos derivados derivados da explotación da obra.

9.-IMPOSTOS QUE GRAVEN A PERCEPCIÓN DO PREMIO

Serán por conta da persoa premiada todos os impostos que graven a percepción do premio. De conformidade coa vixente lexislación española, o premio obxecto desde Concurso estará, suxeito a retención do IRPF, que será asumido pola persoa gañadora. As demais repercusións fiscais que a obtención do premio teña na fiscalidade da persoa premiada, será por conta desta, polo que o Concello de Pontevedra queda exonerado de calquera responsabilidade ao respecto. Os pagamentos realizaranse contra documento fiscalmente recoñecido en calquera dos tres idiomas seguintes: galego, castelán ou inglés.

10.- DEREITO A PUBLICACIÓN 

As entidades convocantes resérvanse o dereito a publicar, xunto co fallo, os lemas das obras finalistas cuxa publicación recomendase o Xurado, mais sen abrir a plica, para respetar así o seu anonimato. As persoas autoras das obras mencionadas que así o desexen poderán pórse en contacto con Cuarto de Inverno para trataren o tema da publicación a través do mail info@cuartodeinverno.com

11.- CALIDADE LITERARIA DAS OBRAS

Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.

12.- DEVOLUCIÓN DOS ORIXINAIS NON PREMIADOS

Os orixinais que non resultasen premiados serán devoltos ás persoas autoras dos mesmos no caso de o requiriren por correo electrónico a info@cuartodeinverno.com antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.

13.- ACEPTACIÓN DAS BASES 

A participación neste premio implica a aceptación incondicional das súas regras, así como o recoñecemento da decisión final do xurado irrevogable.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS OBRAS: 
29 de xullo de 2022
Os orixinais deberán entregarse en formato PDF (CD ou memoria externa) no Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra.
 
DOTACIÓN DO PREMIO:
3.000€
EXTENSIÓN MÁXIMA DA OBRA:
250.000 caracteres
 
 
CÓMPRE ADXUNTAR O SEGUINTE:  MODELO DE INSCRICIÓN (preme para descargar)
X
X