O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

UN CARTEL CON MOITA MAXIA

Xa temos cartel para a XXV edición do Salón!

cartaz-Salon-do-Libro

Andrea Fernández, ilustradora

Achegámosvos unha das pezas máis especiais do Salón do Libro: o cartaz!
Andrea Fernández fixo a súa maxia e coa imaxinación e a arte como talentos e o pincel como variña creou esta marabilla. Un “conto onde andan soltas diferentes personaxes, referencias á tradición e mitoloxía galega e tamén á catalá por ser a cultura convidada. Un paxaro-libro , un libro -columpio, unha bruxas boas. Personaxes das lendas como os fillos das xacias, que son metade humano metade peixe 🐟 . Figuras que lembran o Tió e o Patufet. Elementos máxicos como a lúa 🌒 , o lume 🔥, o bosque….🌳

A artista arousá, que empregou texturas feitas a man con ceras, tinta china ou lapis, mesturadas con técnicas dixitais, foi seleccionada para realizar esta encarga entre 42 ilustradores/gas galegas que presentaron os seus portfolios

A nós encántanos, e a vós?

Máis info AQUÍ