A ilustración chega ao Congreso

A segunda xornada do Congreso Internacional de Mediación Lectora estase a celebrar esta tarde no Pazo da Cultura e ten a ilustración e a narración con imaxes como temática principal. Os encargados de inaugurar o día foron os ilustradores Roger Mello, do Brasil e gañador dun premio Andersen de Literatura; e Xosé Cobas, galego que atesora mútiples premios como o Neira Vilas que logrou no 2014. Ámbolos dous conversaron sobre a situación que atraviesa a ilustración e lamentaron que, nun mundo onde hai unha sobreexposición do visual, a sociedade non fomente a lectura a través das imaxes.

Trala charla entre estes dous ilustradores, chegou o turno de falar da revolución do álbum ilustrado, onde o investigador venezolano Fanuel Hanán, a gañadora do premio nacional de ilustración de Portugal, Ana Biscaia; e Xosé Perez, da editorial Kalandraka, explicaron o concepto e a función destas obras, que narran historias a través da ilustración, fotografías ou fotogramas.