Unha masterclass dun xenio da Ilustración

O alumnado do mestrado de Ilustración e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes gozou hoxe da visita de Afonso Cruz, gañador do premio nacional de ilustración de Portugal, quen impartiu unha clase mestra sobre a narración a través das imaxes.