De reis e raíñas ou de animais de granxa

De reis e raíñas, de animais e natureza, de arte e mitoloxía ou musicais. Os nosos contacontos non poden ser máis variados e divertidos. A cativada dos colexios Salvador Moreno, Xunqueira II, San Martiño e Cordo Boullosa o pasaron en grande esta mañá coas historias de Pavís Pavós, Andrea Bayer, Celso Fernández e Migallas Teatro.

A historia de como un coello e unha formiga logran botar fora da casa a unha malhumorada cabra foi a historia que fixo escachar coa risa á rapazada da Sala Obradoiros onde contou Andrea Bayer as súas historias. Na sala Reviravolta estivo Tareixa Alonso contando, entre outros contos, a vergoña que pasou un rei ao quedarse atascado no retrete e ser paseado por todo o pobo mentres os labregos se rían del. Unha canción trabalinguas fixo as delicias do alumnado da Sala Saudade, que non quitaron ollo dos contos narrados por Celso Fernández. E na Sala Vestidor, os protagonistas dos contos de Migallas Teatro foron os artistas do Renacemento.

E por se fora pouco, Orbil recibiu á rapazada á súa entrada no Salón repartindo saúdos e apertas a ducias.