Dora a poñedora

Que mellor plan para unha tarde de choiva coma a de hoxe que unha sesión de contacontos. Iso deberon pensar todas as familias que encheron a nosa sala Reviravolta para escoitar as historias da nosa querida contadora Andrea Bayer. Moito rimos cos contos de Dora. Que Dora? Dora, a galiña poñedora. Quen ía ser senón? Aínda se escoitan as gargalladas da cativada pola sorpresa que levou esta galiña cando puxo os seus primeiros ovos. Pero as historias da nosa amiga Andrea non só fan rir, tamén dan que pensar e mesmo poden provocar unha revolución!