Brass Band

No Salón tamén temos tempo para gozar da boa música. A Brass Band do Conservatorio de Pontevedra fíxonos esta tarde un percorrido pola historia do rock internacional ao interpretar cancións de bandas sonoras tan emblemáticas coma Rocky ou de grupos como Guns N’ Roses, co que pecharon o recital.