Encontro con Ledicia Costas

A escritora Ledicia Costas mantivo esta mañá un encontro con escolares cos que conversou sobre literatura. A autora, galardoada en dúas ocasións co premio Lazarillo, falou coas nenas e nenos sobre as vivenzas que inspiraron a súa obra. Como o tempo que compartiu nas aulas cunha nena xitana, á que visitou no seu poboado para coñecer a súa vida ou os prexuízos da súa veciñanza cando unha familia xitana mudárase ao seu barrio. A escritora falou tamén doutras das súas obras e das súas personaxes e mesmo intercambiuou opinións cos participantes do encontro.