Aquí lese

O Recinto Feiral converteuse esta mañá nun salón lectura. En catro grupos, a rapazada conversou con catro autores sobre diferentes ámbitos da literatura. Anxo Fariña impulsou a creatividade dos seus cun desafío poético no que os participantes tiñan que inspirarse en simples símbolos sobre unha folla en branco para sacar unha idea para uns versos. Os de Vella Escola adoptaron a idea de revolución para facer un pequeno rap. Víctor Rivas repasou a historia e as curiosidades do manga e Tamara Andrés fixo reflexionar á rapazada sobre os seus recordos para a creación dunha obra literaria.