Mestres e mestras contacontos

O Salón é unha experiencia para pequenxs e maiores, alumnado e profesorado. É tamén un punto de encontro que hoxe fixo posible que alumnado de Educación Infantil da Facultade de Pontevedra, puxera en práctica os seus coñecementos sobre didáctica co alumnado de infantil do CEIP Xunqueira 2. Contos musicados, de sombras chinescas, negro, con treatriño,… puxeron todos os seus recursos e esforzos para dar vida ‘A toupiña que quería saber quen lle fixra aquilo na cabeza’, ‘Frederick’, ‘Cocorico’, ‘A máscara do león’ ou ‘Carapuchiñas de Cores’. Os peques pasárono pipa e os maiores, descubirirón que seráns uns mestres e mestras estupendos/as.