Un Salón para maiores

Un dos nosos grandes desexos era facer chegar o Salón a cada recuncho da cidade, pero é que hoxe levamos a ‘Alegría’ a un destino moi especial: a Residencia de Maiores de Campolongo!! O espectáculo de Sérgio Tannus e Marta Bravo, fixo gozar á cativada do Cep Campolongo, que tamén se achegou ao auditorio, e sobre todo aos usuarios/as. E é que ben certo iso de que todos levamos unha crianza dentro, que nunca deixa de medrar.
Mañá ás 12:30 poderedes gozar del en aberto para público familiar no Recinto Feiral.