Patapatúm

Esta mañá máis de 500 escolares de toda a provincia gozaron con ‘Patapatum’ de Elefante Elegante. Esta tarde ás 19h. no auditorio do Pazo, pase para público familiar do Premio Maria Casares ao Mellor Espectáculo Infantil. Unha reflexión sobre como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Entradas 3€ unha hora antes na billeteira do Pazo.